O Colexio Fonteboa de Coristanco fiel á súa cita anual

Onte  iniciouse a tempada de visitas guiadas para grupos escolares do presente ano 2017. Nesta ocasión, como de costume e por cuarto ano consecutivo, os primeiros visitantes foron, unha vintena de alumnos de primeiro da ESO do colexio Fonteboa. Centro de Promoción Rural-EFA de Coristanco-Carballo (A Coruña), acompañados polo seu titor e profesor de tecnoloxía Gumersindo Capelo e por Alberto Fernandez profesor de Educación Física.

O obxectivo da presente visita non foi outra que, despois de practicar e escoitar as explicacións recibidas polo director do MELGA no seu percorrido polas salas expositivas, mais de tres horas de percorrido, cada alumno debía de seleccionar os tres xogos ou deportes tradicionais que máis lle impactaron, confeccionalos e reproducilos na materia de tecnoloxía e finalmente, despois da súa valoración, realizar unha exposición no centro para seguir engrandeciendo o centro de interpretación dos xogos e deportes tradicionais, que conta nestes momentos o centro como labor educativo e nun futuro contar con un pequeno museo de reproducións, feito exclusivamente cos traballos realizados polos alumnos do centro. Unha  xornada moi especial e un grupo excepcional.

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.