Desexamos informarvos que o vindeiro domingo día 23 de maio -21, celebrarase o XI Aberto de Billa, nas instalacións do campo de xogo exterior do Centro Cultural/ MELGA do concello de Ponteceso. Ao mesmo tempo desenvolverase a cuarta xornada da liga Atlántica de Billarda da Confederación Noroeste. A organización do evento correrá a cargo da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), a Confederación Noroeste de Billarda e a colaboración do Concello de Ponteceso. Sabedes que desde este momento estades todos/ as convidados/as a participar e acompañarnos nunha sesión do noso deporte ancestral. A participación é gratis só hai que inscribirse e traer o palán e a billa. Haberá excelentes agasallos. Esperámosvos!

Español





Leave A Comment