O MELGA amplía horario de verán para as visitas

Debido ao gran acollemento, tanto de usuarios particulares, como grupos escolares ou campus urbanos de verán, o concello de Ponteceso, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), chegaron a un acordo, debido ás inmellorables condicións de posibles visitantes, para ampliar o horario do museo para esta tempada de Verán-22. O mesmo dará inicio o vindeiro luns día 4 do presente mes de xullo e finalizará o día 4 de setiembre do presente ano 2022.

O horario será o seguinte:

VISITAS LIBRES OU PARTICULARES

De luns a domingo de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 20:00 h.

 

VISITAS GUIADAS

 Sábados e domingos de 11:00 h. a 13:00 h. (*)

 

(*) Para realizar unha visita guiada, será necesario solicitar cunha SEMANA DE ANTICIPACIÓN unha CITA PREVIA e inscribirse nunha lista de espera, para conseguir como mínimo 15 persoas para conformar un grupo. Os días FESTIVOS o museo atoparase aberto, aínda que se deberá solicitar a debida información para comprobar se o centro museístico atópase aberto ou pechado por algunha festa local, provincial ou comunitaria.

Para maior información, dirixirse ao teléfono 981.71.54.42 ou aos e-mail: info@museomelga.com ó ricardoperezyverdes@gmail.com.

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.