O Melga está de Aniversario

Mañá 27 de setiembre de 2021, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) cumpre o seu VIIIº Aniversario da súa inauguración, situado nas instalacións da planta baixa do Centro Cultural do concello de Ponteceso.

OITO anos deste magno acontecemento do mundo lúdico-cultural para Galicia. Aquilo que parecía ser un reto inalcanzable para moitos, converteuse nunha realidade con outro ano mais de existencia e logrando éxitos día a día, que nos pon como centro referente único en todo o mundo, sobre os museos da historia dos xogos e deportes tradicionais e populares, aínda considerándoo como un pequeno e modesto recinto museístico.

Todo o éxito alcanzado foi grazas á colaboración imprescindible da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, ao Concello de Ponteceso, á prensa escrita e oral, á hostalería de toda a zona e sobre todo aos centros escolares galegos, asociacións, federacións, outros museos, persoas particulares, etc… que non deixaron de visitarnos masivamente desde o primeiro día do noso nacemento.

O balance global realizarémolo finalizado o 2021 e comprobaremos que este ano que está a piques de rematar, como segundo ano atípico pola pandemia, non será nin moito menos o teito do noso éxito, pero estamos seguros, que será unha tempada que podemos considerar moderadamente satisfactoria e cun verán moi bo, polos moitos visitantes que recibimos de toda España.

En canto á celebración do noso VIII º Cumpleanos, sentíndoo unha enormidade, non poderemos organizar as variadas actividades previstas para tal ocasión, pois as debemos aprazar, por segundo ano consecutivo pola epidemia do COVID-19. En caso de retomar a normalidade no noso país, as actividades deixámolas para máis adiante e todos os usuarios serán informados ao seu debido tempo das mesmas.

Como único acto institucional, os membros do Padroado da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, reuniranse en sesión extraordinaria no MELGA, para contabilizar a totalidade dos votos (que foron moitos) dos visitantes xa que os premios son por votación popular, e, así dilucidar os premios “ RODELA” que se van a conceder aos TRES mellores murais de azulexo, expostos ao aire libre no campo de xogos do Centro Cultural, desde o mes de xullo, e cuxa entrega será en datas próximas. FELICITACIÓNS MELGA!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.