O MELGA finaliza o mes de maio cunha visita moi especial

Este sábado 30 do mes de maio-26 recibimos, por primeira vez, no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), a un grupo próximo á trintena de persoas de toda Galicia, que pertencían a antigos compañeiros de estudos do Colexio Menor da Asunción de Santiago de Compostela, máis coñecido como Seminario Menor. A sesión cultural-lúdica-gastronómica estivo, como sempre, coordinada por Francisco Bugallo e a visita ao museo polo noso amigo Xosé Ameixeiras, delegado de La Voz de Galicia en Bergantiños. 

Este grupo de “estudantes”, correspondentes todos eles, á promoción do 70 ao 77 do pasado século XX. Esta colectividade, desde hai máis de 20 anos, reúnense unha vez ao ano, o último sábado do mes de maio, en lugares diversos da nosa comunidade galega, nunha xornada turística, cultural e por suposto, gastronómica. Nesta ocasión, a cita foi a Costa da Morte e en especial Ponteceso, cunha parada no MELGA para visitarnos e coñecernos. 

Ao ser orixinarios de diferentes municipios, o número de participantes nunca é homoxéneo, aínda que son en total máis de 80 “congresistas”. Neste caso a procedencia dos mesmos eran da Estrada, Boiro, Carballo, Narón, Vimianzo, Malpica, Arzúa, O Grove, Santiago, Sigüeiro, Ordes, A Coruña,… 

Aínda que a andaina estudantil en Santiago, despois de finalizar os seus estudos, ningún deles escolleu a vocación relixiosa, xa que na actualidade a maioría pertencen xa á etapa do “xubileu” e as súas profesións foron en grao sumo variadas, desde profesores de ensino, xornalistas, banqueiros, empresarios, médicos, funcionarios, mexilloeiro, etc. 

Sobre a visita hai que comentar que a todos sóubolle a pouco e iso que foron máis de dúas horas de percorrido polas instalacións museísticas. Segundo o noso director que era un pracer recibir a persoas tan interesadas na parte cultural. Neste caso, non faltaron as preguntas e respostas a todas as curiosidades que lle pretendían coñecer. Nalgúns momentos a parte práctica estivo presente e algúns dos presentes atopábanse en “plena forma”. A maioría dos visitantes, prometeron vir de novo coas súas familias e amigos, porque lles soubo a “visita médica”. Un grupo magnífico! 

Como curiosidade da visita foi, que ao ser preguntado Ricardo pola súa vida deportiva, xurdiu a sorpresa que o fillo do coordinador da actividade Francisco, comentou que o seu fillo Pablo Bugallo, fora xogador do club de Boiro de Voleibol, C.V. Soria, C.V. Almería e C.V. Teruel e logrando o entorchado de xogador Internacional coa Selección Española de Voleibol, en moitas ocasión.

Unha vida moi parella entre Ricardo e Pablo. O primeiro, foi o primeiro xogador galego da Selección Nacional (1965) e o segundo, talvez un dos máis novos dos internacionais galegos (2011-2025).

Un día marabilloso, con xente excepcional Esperámosvos de novo no MELGA!

Antigos alumnos do Colexio Menor da Asunción De Santiago no Museo Melga

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.