O MELGA no I Roteiro de Bicicletas Clásicas de Santiago de Compostela

Outra cidade galega mais únese a sacar as súas «históricas» á rúa no Roteiro de Bicicletas Clásicas. Nesta ocasión correspondeu á capital de Galicia, Santiago de Compostela. Por ser a súa primeira edición, a afluencia de participantes non foi numerosa, xa que non excedemos a quincena de «tolos chalados» por esta modalidade tan especial como son as bicicletas clásicas, pero pódese considerar unha cita moderadamente satisfactoria, pois co día de calor sufocante, a xente seguramente preferiu a piscina ou a praia.

Ás 11:00 da mañá convocacon a todos os interesados no roteiro, coas bici-clásicas persoais e con vestidos de época como mandan os canons, polo seu organizador Daniel Cendán, na Alameda de Santiago de Compostela, no lugar emblemático da escultura modernista de «As Marías». Presentáronse á convocatoria as seguintes delegacións: Club Peña Ciclista Leboreira de Pontedeume; Ferrold Bike; Clásicas Ponferrada e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso.

O Roteiro deste ano expúxose como unha gran homenaxe ás bicicletas HONOR e HOMEN, e ao seu fabricante compostelán Honorio Méndez Muñecas, nacido en Vedra no ano 1888. Honorino foi un dos pioneiros do ciclismo galego, converténdose no ciclista mais relevante da época. Estas bicicletas fabricáronse en Galicia da man deste ilustre, alá polos anos 30 antes da Guerra Civil Española. Retirouse en 1920 como campión galego e a punto estivo en participar por Chile (emigrara a este país) nos Xogos Olímpicos de Estocolmo en 1912. É nesta época cando empezou a fabricar as súas propias bicicletas. Para o logo das mesmas tomou o escudo de Galicia e ao pé do mesmo o nome de Sant Yago. A calidade das súas bicicletas alcanzou gran popularidade entre o crecente ciclismo de competición galego, desbancando na rexión a outras marcas como Orbea e BH. Despois da posguerra española desprazouse ás Vascongadas para chegar a un acordo con Orbea e que fose esta, a que fabricase as súas bicicletas con márcaa Honor. En 1970 morre e a familia collerá as rendas do negocio ata que en 2002 péchase o establecemento dunha das bicicletas máis cotizadas do mundo do ciclismo no mundo. Foron 100 anos da nosa marca de identidade e hoxe conmemoramos os 121 anos da súa creación. O custo das bicicletas oscilaban entre as 12 pesetas (principios de século XX) e as 350 pesetas nos anos 50 do mesmo século.

O percorrido do roteiro, con saída na Alameda, o primeiro que se expuxo foi ir visitar o lugar onde se atopaba a fábrica e o comercio das Bicicletas Honor e Homen e alí departimos unha longa charla co seu neto Honorino Méndez Rodríguez que nos recibiu no mesmo Edicifio Honorino na súa honra, onde reside. Todos os participantes fomos obsequiados con adhesivos, placas, camisetas, etc.. que aínda tiña gardados dende facía moitos anos. Entre os asistentes ruteros, atopábanse catro bicicletas das marcas devanditas. Dous Homen (una a de Anxo Martínez e outra de Anselmo García) ambas dos anos 30 e dúas Honor a de Xabi Pérez do ano 75 e a de Daniel Cerdán dos ano 70. O noso director Ricardo Pérez e Verdes portou unha Orbea do ano 38, cun cadro de fabricación Honor.

Despois do recibimento de Honorino, proseguimos a marcha por toda a Alameda, seguimos polas diferentes rúas da cidade, para finalizar a mesma, no marco incomparable da praza do Obradoiro, coa catedral ao fondo. Lofo de obter unhas imaxes de rigor, alí mesmo, demos por clausurada o I Roteiro de Bicicletas Clásicas de Santiago de Compostela.

A sesión lúdico-festiva rematou cun xantar de confraternidade onde o noso anfitrión Honorino Méndez seguiu departindo con todos nós, das anécdotas e historias do seu avó e pai, achega de imaxes e documentos da época, voltas ciclistas, fabricación, importación, etc… Un día moi especial para un roteiro moi especial.

Como anécdota da xornada comentamos que durante o percorrido pola Alameda, achegouse unha persoa chamada José Manuel Pedrosa, contándonos de pertencer á empresa de Honorino durante mais de 28 anos e volver emocionarse enormemente ao lembrar aquelas nostálxicas bicicletas galegas tan famosas e sen dúbida esquecidas pola maioría de galegos.

Ricardo Pérez y Verdes pasea en bicicleta clásica, en la I Ruta de Bicicletas Clásicas de Santiago de Compostela, junto a otro participante

Varios participantes de la I Ruta de Bicicletas Clásicas de Santiago de Compostela atienden a Honorino Méndez

Participantes de la I Ruta de biciletas clásicas de Santiago posan a la sombra de los árboles con la catedral de fondo

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.