Este último domingo do mes de xuño, o MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia) situado en Ponteceso, foi invitado polo presidente da Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE) Alex Centeo a colaborar activamente, dentro das súas actividades programadas nesta festa de carácter benéfico e familiar, cun Festival de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos. AGAXEDE (Asociación Galega de Xestores Deportivos) e o Concello da Coruña foron os colaboradores imprescindibles na organización do evento.
O lugar e horario da xornada festiva-lúdica-ciclista tivo a súa localización no marco incomparable da praza de María Pita e o seu horario foi de 10,30h. ata pasadas o 13,30 h. Deu o pistoletazo de saída a concelleira de Benestar Social, Participación ye Igualdade Nerea Canosa. O roteiro de bicicletas, partiu da praza de María Pita, bordeando o litoral coruñés (Parrote, Castillo de San Antón, Adormideras, Paseo Marítimo), aproveitando os quilómetros de vías habilitadas para bicicletas, ata chegar á rotonda das Escravas e desde alí realizar o percorrido no sentido inverso, ata a meta situada no Palacio Municipal.
O Día da Bicicleta é unha proposta que non se concibe como unha carreira, senón como unha marcha na que reivindicar un hábito saudable e sostible para todos os usuarios. Alén de tratar dunha mañá festiva, lúdica e recreativa, coa bicicleta como nexo de unión entre participantes de todas as idades, trátase dun encontro de carácter solidario. As inscricións eran gratuítas, pero os participantes podían doar alimentos non perecedoiros en apoio á Institución Benéfico Social Padre Rubinos. Neste aspecto a solidariedade de moitos participantes foi total na recolección de donativos. Recolléronse máis de 150 quilos de comida.
Debido ás inclemencias de tempo, presenza da choiva, a sesión non se suspendeu, agora si, a participación foi moito menor que outros anos, aínda que estivesen inscriptos máis de 1,200 participantes, pero a súa presenza non superou os 800 ciclistas, que non está nada mal.
En canto ás actividades programadas na xornada, tamén se tivo que executar un plan “B” , xa que a choiva non cesaba e os participantes desexan participar das mesmas, así que os soportais do concello se habilitaron para a sesión de zoa, os xogos alternativos e inclusivos e os xogos e deportes tradicionais.
En canto á nosa colaboración, non faltaron os xogos tradicionais motrices dos zancos, a estrela, a ra, as chamcras, os buracos, a pesca, o sapo, etc. e os xogos de habilidade destacaron a hélice, a culler, as argolas, a buxaina, o embocabolas, etc. etc.
Sen dúbida, foron moitos os adultos, novos e nenos que desfrutaron, despois de finalizada o roteiro ciclista, máis de dúas horas practicando devanditos xogos, dirixidos sempre polo noso director Ricardo Pérez e Verdes.



Español





Leave A Comment