O Melga participa na primeira edición de Bicicletas Clásicas Coruñesas

Este domingo pasado día 18 do presente mes de outubro, representando ao Concello de Ponteceso, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) participou no I ROTEIRO DE BICICLETAS CLÁSICAS da cidade da Coruña. Todos os rexistrados foran convocado pola organización do evento ás 12,00 h. na rotonda da Torre de Hércules. Ao final, foron un total de 45 participantes, un número moi aceptable para ser o primeiro encontro, que coas súas indumentarias de época e as súas históricas bicicletas, partiron, coas medidas de seguridade sanitaria, para realizar un roteiro duns 12 quilómetros, aproximadamente de percorrido por toda a cidade. As idades comprendidas dos “ ruteros” ían desde as categorías infantís ás de persoas maiores.

En canto ás marcas de biciclásicas presentadas por cada persoa do grupo non faltaron as BH, as Orbea, Honra; Torrot, Mottoretta, Dal, Cil (españolas); orbítaas e Couler (Portuguesas); Tamboite, Motobecane, Peugeot, BMX (francesas); Bianchi, Milano (italianas); etc… e os anos destas xoias ían desde principios de século XX ata os anos 80, que era o que a organización considerara como límite para a participación. Nesta ocasión o vencedor da “bici” máis antiga ostentábaa o noso director Ricardo Pérez e Verdes cunha ORBEA do ano 1938, ademais de ser a persoa mais veterana do grupo.

 

 

O percorrido foi o seguinte: partida da Torre de Hércules, Campo de Golf, Adormideras, Club de San Amaro, Paseo Marítimo, Castelo de San Antón (primeira meta volante con descanso; continuouse ata Porta Real, María Pita (segunda meta volante); Rega de Auga, Rúa Real e Obelisco (terceira meta volante); San Andrés, Paseo Marítimo, Orzan, Riazor e Milenium (final de traxecto). Despois do esforzo realizado montáronse as “ merendiñas” no campo de herba, cunhas vistas espectaculares da Torre de Hércules e o inmenso mar Atlántico. O roteiro finalizou de novo onde a estatua de Breogán, pai racial do pobo galego, de José Cid, déranos a saída.

Unha xornada cun día espléndido para montarse nunha bicicleta, un percorrido moi suave, unha distancia adecuada para todos os afeccionados, un ambiente festivo, aceptable participación, etc, a sesión físico-lúdico cunha duración de 4 horas aproximadamente, foi un rotundo éxito, emprazándose e convidando a todos os participantes, para o ano entrante no V Roteiro de Bicicletas Clásicas de Ponteceso, alá polo mes de setiembre de 2021.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.