O Melga recibe por primeira vez ó municipio de Dumbría

Onte martes 14 de marzo, fixo presenza no MELGA todos os alumnos e profesores do centro docente do CEIP. Santa Eulalia do concello de Dumbría. O grupo escolar estaba integrado por nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os  13 anos. Os alumnos/as, estiveron acompañados en todo momento polos seus once profesores (Alba Carril, Leticia Domínguez, Pedro Romeu, Emilio J. Díaz, María del Carmen Amado, Eva María Bastón, Adriana Carregal, Sonia Pérez, Zoida Piñeiro, María Ángeles Tubío) e como representante do mesmo Emma Rodríguez, xa que o seu director Daniel non puido acompañalos por problemas institucionais.

O motivo da visita foi a celebración da excursión de final de trimestre. O encontro cultural, lúdico-festivo foi digno de mención, pois os dous grupos de 50 compoñentes cada un, desenvolveron no interior e exterior do recinto municipal uns 30 xogos e deportes tradicionais galegos e do mundo. A integración dos seus membros na xornada foi excelente e remarcable, xa que , había algúns nenos/as con problemas de disfuncións  destacables. Despois de case catro horas de estancia no museo, tanto profesores/as como alumnos/as transmítennos que foi un gran día e unha cita indispensable para todos os centros docentes e  que desexaban prontamente  volver  repetir de novo a experiencia no MELGA.

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.