O municipo de Camariñas presente no Melga co CEIP. Ponte do Porto

No día de onte, máis de 70 alumnos/as do CEIP. Ponte do Porto do Concello de Camariñas, visitaron o MELGA, en sesión matutina, acompañados dos seus profesores-titores Sergio  Nuñez , Mar Cives, Andrés López e como coordinadora da actividade Cristina Lastra. Os alumnos pertencían ao ciclo infantil de 3º-4º e 5º de primaria, cuxas idades oscilaban entre os 8 e 10 anos. Esta era a segunda ocasión que nos visitaban, xa que a anterior fora no ano 2015 cun grupo e profesores diferentes. Como e de supoñer, para todos os rapaces, rapazas e profesores/as, era unha grande novidade, e inda que fora anunciada e recomendada polos compañeiros dos anos anteriores.

A sesión teórica-práctica, cuxa duración foi un pouco máis das dúas horas, foi intensa  pero un pouco limitada en tempo dispoñible, pois os visitantes tiñan organizado, despois da visita guiada ao museo, unha camiñada-percorrido pola zona pondaliana, Monte Branco e praia de Balarés. O gañador dos premios de xogos tradicionais (peonza, eu-eu e  tirabalas) levoullos o neno Suso  de 10 anos, despois de finalizar as cinco probas e acertar as respostas alí propostas, polo director do museo.  Como de costume todos sen excepción, desexaban continuar a visita, e desexaban volver de novo coas súas familias e amigos no próximo período estival.

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.