O presidente e a vicepresidenta da fundación ricardo pérez e verdes desprázanse a asturias, para corresponder á visita que realizou hai anos ao melga en ponteceso, o director do museo de monicreques e de teatro tragaluz.

O Presidente e a Vicepresidenta da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e director do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), iniciaron o ano 2026 cun desprazamento ás terras asturianas, para realizar unha devolución de visita a aquela que realizaran ao noso museo o 08 de setiembre de 2022, despois de pasada a pandemia. 

Tanto Lola Roel como Ricardo Pérez foron recibidos por Joaquín Hernández, na mañá do venres 02 do presente mes de xaneiro (nun día excepcionalmente moi frío), director, actor, escritor, contacontos, coleccionista de marionetas, carteis, teatrillos, selos, moedas,…aínda que el defínese “Un profesional Titiritero”.


Joaquin Hernández e Isabel García, a súa esposa, alá no ano 2012 (un ano antes do MELGA), foron os creadores-fundadores deste recinto privado, chamado Museu Taller de Monicreques e de Teatro Tragaluz, situado no pobo natal de ambos, Lugarín-Pola de Siero (Asturias). 

Nunha pequena nave, nun val fermoso, onde se atopa o museo-taller, albérganse entre as súas vitrinas uns  150 monicreques do todo o mundo, así como una coleccións de teatrillos de cartón de diferentes épocas, de coleccións de selos sobre a temática, revistas especializadas, carteis publicitarios de actuacións, etc… As pezas ou obxectos expostos teñen a súa procedencia de Asia (China, Corea, Xapón, Indonesia, Vietnam, India,…), de África (Senegal, Congo, Mauritania, Tunes, ), de Europa (Francia, Italia, España, Chequia, Rusia, Alemaña,…) e de América (México, Brasil, EE.UU., Arxentina,…). Existen variedade de monicreques de mans, fíos e baleas, así como planas e de sombras. Os seus fondos poden superar as 1.000 pezas. Algunhas das pezas presentadas na exposición, foron confeccionadas polo propio director-guía. 

Despois de máis dunha hora e media de percorrido polo Museo, tendo como guía-anfitrión a Joaquín, deleitounos á vicepresidenta e ao noso presidente, co unha maxistral exposición así como unha demostración práctica do manexo dos diferentes monicreques e marionetas, convidándonos en cada momento a participar cos seus “fillos e personaxes adoptivos” dos seus espectáculos, que realizan durante o ano, por todos os pobos asturianos, santanderinos, vascuences e castelán-leoneses. 

Tamén nos fixo partícipes dun local anexo ao museo, onde se atopa o obradoiro de confección de marionetas, monicreques, cabezudos,… tanto en barro como en cartón-pedra. Ata nos atrevemos a realizar algunha pequena maqueta de monicreque doméstico con material de reciclaxe. 

Finalmente, despois da visita guiada realizada, Joaquín, obsequiounos cuns recordos do museo, ademais tivo a xentileza de doarnos para o MELGA, unha marioneta, como non, confeccionada polo mesmo, para expoñela ao noso regreso nas nosas vitrinas expositivas. 

Aínda que nos custou atopar o lugar onde se atopaba o museo, vale a pena perderse, para ver un orixinal e pequeno museo de Monicreques e Marionetas, un referente entre os coleccionistas de España (Madrid, Lalín, Cataluña,…. e por descontado, ter o privilexio escoitar ao noso amigo “Titiritero Joaquín”, polos seus coñecementos sobre este mundo máxico, experto demostrador, un artesán modélico e a súa inefable oratoria teatral. 

Outro irmandamento máis, xa son oito, que o noso MELGA ten por todas as rexións españolas, deixando patente de onde procedemos (Ponteceso-A Coruña), onde estamos situados e para convidar a todas aquelas persoas que desexen coñecernos na nosa terra de Galicia. Outro intercambio máis de devolución de visita. Sen dúbida, un bo inicio de ano 2026.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.