Onte no MELGA gravouse un programa sobre bonecas e bonecos de xestos

Na tarde de onte, mércores día primeiro do mes de outubro, un equipo da Televisión de Galicia (TVG), achegáronse a Ponteceso para visitar o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), e ao mesmo tempo gravar o programa “No foco” (reportaxes en profundidade sobre un asunto de interese social), sobre a colección de “Bonecas e Bonecos de Xestos” (tamén adoitan coñecerse como “Realistas”, polas súas características de aspectos de fronte moi diferentes en cada unha delas), que se atopan expostas nas vitrinas da segunda sala do museo. Para iso, o noso director Ricardo Pérez e Verdes, que fixo de anfitrión, comentarista e guía, foi entrevistado pola xornalista Begoña Fontenla e cuxo axudante de cámara foi Ángel Sánchez.

Aproveitando o noso XII Aniversario (27/09/23), o medio televisivo galego quixo poñer en valor e ao mesmo tempo facer un pequeno glosario do traballo realizado polo noso pequeno, modesto e orixinal museo, durante estes últimos anos. Aínda que o comentamos en moitas ocasións, o MELGA non un museo do xoguete, senón un centro museístico sobre o xogo e o deporte, pero neste caso se podemos achegar unha magnífica colección de xoguetes de bonecas e bonecos moi especiais. O seu tamaño oscilan entre os 20 e 40 centímetros de altura, están confeccionadas con pegamento (resina) e serrín, formando como algo parecido á goma, procedentes de ONIL de Alacante, fabricadas alá polos anos 50 do pasado século. En total a gran colección está composta por 82 bonecas e bonecos de xestos expostas, desde fai tres anos, en tres vitrinas do MELGA. 

Como lembrarán, esta colección fora doada á Fundación Ricardo Pérez e Verdes, o 17 de outubro de 2022, pola empresaria Patricia Fernández Martínez (Oleiros-A Coruña). O inicio da colección pertenza á súa nai María Teresa Martínez Fuentes que as adquiría, a través dos anos e en diferentes feiras e casas de antigüidades de Europa e España, posteriormente foron herdadas pola súa neta Duna Daldad e finalmente quedaron en poder da nosa altruísta doante. Por suposto, o desposuírse Patricia desta colección foi “dolorosa” pero en moitas ocasións, como este é o caso, por falta de espazo nas nosas residencias particulares, liberámonos de algo que apreciamos moito. “Vale máis que véxanas moitas persoas nun museo, que unha persoa na súa casa”, segundo comentaba a nosa xenerosa benefactora. Debemos de comentar, que esta colección é unha das poucas que coñezamos actualmente en España e xa non digamos en Galicia, que é a ÚNICA existente. 

Podedes ver a reportaxe facendo click aqui.

Ricardo Pérez y Verdes mostrando las muñecas de gestos en el programa

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.