Os campamentos urbanos carballeses únense ás visitas guiadas

Onte xoves recibimos ao primeiro campamento urbano de Carballo deste verán de 2022, leste foi un grupo de case medio centenar de campistas desde os 4 aos 12 anos de idade e todos eran alumnos e alumnas da Escola Infantil Xilgaros. En total eran medio centenar de excursionistas, que se achegaban primeiro vez ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, asistidos polas súas catro profesoras/educadoras Montse Rendedes, Andrea Nogareda, Vanessa Cambre e Mónica Rodríguez encardada da actividade e do grupo.

Despois de case tres horas de visita guiada co noso director Ricardo Pérez y Verdes, todos os asistentes gozaron do tempo, escoitando as palabras do guía e practicando moitos xogos adaptados ás idades tan temperás dalgúns dos visitantes. Hai que comentar que aínda sendo unha clase con diferentes idades e nacionalidades, a xornada foi admirable e moi atractiva para todos, así o comunicaron as súas educadoras.

Todas elas transmitiron:

«Gustounos tanto o museo que estamos dispostas a volver de novo, pero soas, para empaparnos de todo o que alí presenciaron velozmente, pois consideraban moi atractivo, educativo, cultural e lúdico o recinto museístico».

Co inicio deste centro escolar de Carballo (A Coruña) esta xornada ás nosas instalacións esperamos que se animen, do mesmo xeito que noutros anos antes da pandemia, os diferentes clubs deportivos da localidade, nas súas diferentes modalidades, regresen de novo ao MELGA para realizar unha sesión de xogos e deportes tradicionais galegos, dentro da súa programación de campamento estival. Estamos seguros que o conseguiremos prontamente!

Ricardo Pérez y Verdes enseña a unos jóvenes niños cómo jugar a un juego tradicional

Niños de campamentos urbanos de carballo atienen a Ricardo Pérez y Verdez en el Museo MELGA de Ponteceso

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.