Os fondos do Melga saen cara Madrid para unha exposición

Aínda que o venres día 11 do presente mes de xuño, abriuse oficiosamente as instalacións museísticas para os visitantes, non foi o acto inaugural a este sábado día 19 ás 20,00 h., na planta baixa da madrileña A Corrala. Museo de Artes e Tradicións Populares, a exposición que leva por título “Xogos dos pobos indíxenas de Brasil ”.

Dita mostra chega a España por primeira vez neste ano 2021, da man do noso gran amigo Manuel Hernández director do Museo do Xogo de Madrid, despois de moitos intentos errados desde o ano 2005. A mesma estará aberta do 11 de xuño ata o día 24 do próximo xullo con horario de luns a venres de 12,00 h a 20,00 h. en xornada continua e os sábados de 10,00 h. a 14,00 h.

 

 

As Universidades Cumplutense e Politécnica de Madrid (España) e a Universidade de Campinas ( UNICAMP) de Sao Paulo (Brasil) foron os patrocinadores do evento, ademais da Comunidade e Concello de Madrid, os Ministerios de Educación e Cultura ( C. S.D) e Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, a Facultade de Ciencias da Actividade Física e os deportes (INEF-Madrid) e o Comité Intertribal. Memoria e Ciencia Indíxena.

En canto ao equipo investigador, estivo á fronte do mesmo, o doutor Manuel Hernández e a profesora Diana Ruíz, ambos da Universidade Politécnica de Madrid e as doutóras María Beatriz Ferreira e Beira Regina Toledo da Universidade de Campinas de Sao Paulo. Como colaboradores no proxecto estiveron a doutora Alicia Sánchez da Politécnica de Madrid e as profesoras Consolación Arroio da Facultade de Antropoloxía UNED/UNED de Madrid e Roberta Tojal da Universidade de Campinas respectivamente. Como Comisaria da Exposición e de Organización estivo á fronte da mesma Elena Hernández da Universidade Complutense de Madrid.

A mostra expositiva está composta de preto dun centenar de obxectos, entre paneis informativos, imaxes, materiais lúdicos e domésticos, que se sitúan na planta baixa das magníficas instalacións da Corrala, coñecida tamén como O Corralón, levantada no 1860 e que serviu de parada de carros, pousada, vivendas con bufardas, centro comercial e centro teatral-cultural e na actualidade sitúase o Museo de Artes e Tradicións Populares.

 

 

Esta exposición-investigación comezou a xestarse a partir dos “Xogos Mundiais Indíxenas de Brasil” no ano 2005 en Bertioga, da man dos seus creadores (1996) os irmáns brasileiros Marcos e Carlos Tereza pertencentes á etnia Terena. Hai escasos días, o amigo Carlos, despois dun longo padecimiento pola pandemia do COVID-19, deixounos “da Nai terra”, como o sempre dicía. Por tanto, esta exposición vai como unha “grande” homenaxe póstuma ao gran legado que nos proporcionou en defensa dos pobos indíxenas do mundo. Descanse en Paz.

Os xogos tiveron unha continuidade desde 1996, ano que deu inicio aos “Xogos dos pobos indíxenas”, nesta primeira edición foi inaugurada, nada mais nin nada menos, que polo Ministro Extraordinario de Deportes, Edson Arantes do Nacimento, mais coñecido como “Pelei”. Deixáronse de organizar a partir do ano 2015 por problemas económicos e posteriormente desde o 2019 polo tema pandémico.

Na visita atoparemos, sobre todo, imaxes dos diferentes “Campionatos Mundiais Indíxenas” en diferentes lugares de Brasil (Pará, Xingú, Golania, Bertioga, Bakani, etc.) e coas etnias representadas como: os Matix, Xerente, Araweté, Gaviato, Tembé, Wai- Wai, Munduruku, etc..; os obxectos para atopar nas salas son: xavelinas, cerbatanas, arcos, frechas, toras, bastóns ou rokra, remos, hamacas, frautas, tocados ou gorros de plumas, traxes típicos, dagas, cestas, coitelos, canoas, etc.: e os xogos indíxenas presentes nos paneis aparecen o “ arremeso de lança”, “ canoagem”, “corrida de tora (troncos)”, “ Arco e frecha”, “ cerabatana”, “ rokra” (hóckey terra), “ Huka Huka” (loita corporal), “ Xikunahity” (pelota coa cabeza), “cabo de guerra” (tiro da corda), etc., xogos obrigados en todas edicións para todos e todas os participantes, tanto a nivel individual como colectivo.

 

A pequena achega do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, a esta orixinal exposición, foron pezas e obxectos do apartado dos pobos primitivos ou indíxenas, que se atopan permanecen nas nosas vitrinas e que o noso director Ricardo Pérez e Verdes, adquiriunos nas súas diferentes aventuras suramericanas, polos pobos ágrafos de Brasil, Venezuela, Panamá, Colombia,… Esta é o primeiro intercambio entre dous membros da Rede Internacional de Museos do Xogo ( RIMUSGO) do cal nosa entidade é membro-fundador desta confederación.

 

A todos os que poidan desprazarse á capital de España (Madrid), non deixen de visitar esta magnífica mostra. Pola nosa banda, poñeremos moitas forzas para que a mesma, poida vir ao noso museo e contemplala “in situ”. Faremos, sen dúbida, as xestións correspondentes para que sexa unha realidade, no Ano Xacobeo do 2022.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.