OS XOGOS DE TABOLEIRO ANTIGOS NA TELEVISIÓN GALEGA

Este luns pasado do mes de xuño-23, Ricardo Pérez e Verdes, director do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) foi convidado a l programa en directo da Televisión de Galicia “Quén anda aí? para falar sobre a historia dos xogos de taboleiro na antigüidade. 

O programa está dirixido polos presentadores Juan Fuentes e Roberto Vilar e acompañounos como persoa convidada especial a modelo e presentadora de televisión española Pomba Lago. O noso director do museo, disertou con ambos os presentadores e para o público en xeral, sobre os xogos de taboleiro da antigüidade. Non só realizou a exposición teórica dos mesmos senón que se presentou unha mostra dos mesmos e ao mesmo tempo xogouse practicamente con algún dos  xogos alí presentados. 

Relacionáronse os xogos seguintes: o “Xogo Real de Ur” de Mesopotamia (primeiro existente na historia); do “Senet” de Exipto (segundo en antigüidade) e o “Mehem”; seguiulle o “Pachesi” da India; o “Tablut” de Escandinavia ; o “Komican” do Perú; o “Go” de Xapón; o “Xiangqi” de Chinesa etc.. e xogamos ao “Carrón” o xogo nacional da India e o dos “Imáns” xogo tecnolóxico moderno. 

Con esta actuación, será a cuarta vez que fomos convidados a este programa, para falar do noso museo e sobre todo con temas monográficos, como neste caso, os xogos de mesa antigos. 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.