Os xogos e deportes tradicionáis galegos protagonistas do Campus Basquet Coruña

Durante toda a semana pasada, do 26 ao 30 de xuño, o MELGA de Ponteceso estivo a participar e promocionando, durante máis de tres horas diarias en sesións matinais, por grupos de nivel técnico e idade, os xogos e deportes tradicionais galegos primeiramente no Monte de San Pedro e despois no pavillón polideportivo do IES. Salvador de Madariaga (antigamente denominado o Masculino), cambio debido ás inclemencias do tempo, con máis de 300 participantes de toda a provincia da Coruña, representando á maioría dos centros docentes e clubs coruñeses, iniciaron así unhas vacacións estivais deportivas. As idades dos “campistas” estaban na pinza dos 5 aos 14 anos.  Cada grupo diario compoñíano entre  50 a 60 xogadores.

Desenvolvéronse un total de 12 xogos, 8 individuais (tumba galega, varapau, recollida de mazarocas, ou prato, zurriagazo, sapo, as varas e tirafungueiro ) e 4 colectivos (turra dá maroma, peletre, carretas, carros e carrilanas e a porca). Despois dos consabidos retos por grupos, levaron a cabo unha competición individual de cada unha das probas (xogos) chegando ao final da xornada a premiación dos campións individuais, así como ao campión “máis completo” que obtivo a maioría dos concursos finais.

Sen dúbida, foi outra experiencia importante dentro do amplo abanico que o MELGA segue indagando, para levar o noso patrimonio lúdico de Galicia a todos os estamentos da sociedade galega. Segundo os alumnos/as, monitores, técnicos, director  do campus  e algún directivo do club, transmitiron a Ricardo Pérez e Verdes (director do MELGA quen dirixiu todas as sesións teórico-práxicas), a magnífica e innovadora actividade que rompeu a monotonía diaria da especialidade deportiva, como neste caso, era o baloncesto. Non só iso, senón que moitos dos xogos estaban deseñados como habilidades de transferencia ao seu deporte en concreto.  O único que non estivo á altura das circunstancias foi o non poder desenvolver a totalidade das sesións no marco incomparable do Monte de San Pedro. Para o ano que vén, así se dispoñerá, se o tempo nos deixa ! O novo reto será,  que a partir de agora, vendo a gran acollida da actividade tivo por parte de todos, os xogos e deportes tradicionais serán protagonista central dos futuros Campus do Basquet Coruña.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.