Recala outro ano máis o CEIP Bergantiños ao MELGA

Máis de setenta alumnos/as, entre os 7 e 8 anos de idade, de 2º de primaria do CEIP Bergantiños, do municipio de Carballo (A Coruña), visitaron hoxe pola mañá as instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso para realizar unha visita guiada. Coa visita de hoxe era a súa quinta ocasión en acompañarnos, pois o ano pasado 2024 foi a última vez que nos visitaron. En todo momento os escolares estiveron acompañados das súas profesoras-titoras Belén Castro, Verónica Quintela, Yolanda Ares e Laura Rogriguez.

O grupo numeroso carballés, despois de visitar a exposición de azulexos sobre os xogos tradicionais, ver os dous vídeos do “Himno do museo” e o “Cómic-Melga”, os compoñentes dividíronse en dous subgrupos de 30 alumnos/as cada un, para aproveitar máis as explicacións, dos cales, mentres uns dedicábanse á visita guiada (sala I) co director –guía do museo Ricardo Pérez, o outro grupo desenvolvían diferentes xogos prácticos de interior no recinto da segunda sala do Centro Cultural coa colaboradora do museo Vanessa Casais.

Despois da primeira hora e media de visita, os grupos intercambiaron as zonas de práctica e teórica para finalizar a xornada sobre as 13:30 h. da tarde, despois de tres horas de esparexemento e diversión. Aínda que tentaron bater algunha das marcas establecidas nos xogos organizados, non alcanzaron ningún o obxectivo exposto.

Finalizada a sesión teórico-práctica, a maioría dos visitantes agradeceron e transmitiron ao centro museístico, o ben que o pasaban e a súa totalidade desprazáronse ao Piñeiral de Balarés para repoñer fuertas.

Debemos destacar que devandito centro, está entre os centros de Galicia, que ano tras ano (desde 2018), trasládanse a Ponteceso para gozar dunha sesión teórico-práctica máis no museo.

Grazas pola fidelidade!

 

Alumnos e mestres do CEIP Bergantiños no Museo MELGA con Ricardo Pérez y Verdes de fondo

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.