O CEIP Albeiros, primeiro centro escolar da provincia de Lugo

Aínda que tiveramos a sorte de recibir en varios ocasións a grupos da provincia de Lugo, o centro docente CEIP. Albeiros  da cidade de Lugo, teñen a honra de ser o primeiro grupo escolar que nos visita nos tres anos da nosa saída á luz museística. Foron en total máis de medio centenar de alumnos/as de 4º, 5º e 6 de primaria, en idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos de idade, que asistiron á visita guiada ao MELGA. En todo momento, estiveron acompañados polos seus profesores Iago Alonso, Lucia Penalonga, Eliseo Moreda e Iván Freire que exercía de coordinador do grupo.  Aínda que o tempo tivérono un pouco reducido, xa que só e exclusivamente desprazáronse para visitar o museo, as  máis de dúas horas e media que durou a xornada lúdica, gozárona ao máximo. A impresión que levaron foi excelente e en próximas ocasións, segundo comentarios dos seus profesores/as, volverían prontamente a visitarnos, pero iso si, para coñecer tamén as excelencias do noso querido Ponteceso e os seus arredores.

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.