Publicada unha nova obra sobre xogos tradicionais coescrita por Ricardo Pérez

Hoxe, luns 6 do mes de xullo-26, atópase entre as nosas mans e recentemente saído do “forno” (imprenta), como se adoita dicir e despois dalgún tempo de espera, unha obra colectiva na cal o noso presidente da Fundación RPyV e director-guía do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), Ricardo Pérez y Verdes, é coautor.

O texto leva por título “Xogos Tradicionais. Xogos de Mesa e enxeño”, cuxos coautores son: Carlos da Vila, Biel Pubill, Víctor Baroja, Pak Gallego, Miqui Giménez, Stela Maris Ferrarese, Augusto Figueiredo, Tatiana Lage e Ricardo Pérez. O contido do mesmo está distribuído en oito apartados, cuxos estudos investigativos temáticos, en orde de autores máis arriba citados, son: “Os xogos de cartas”; “Os xogos de taboleiro, un recurso pedagóxico para aprender Historia”; “Xogos de mesa motores, na variedade está a riqueza”; “Xogos de mesa modernos”; “O joc del Drac de Terrassa”; “Estudo dalgúns xogos ancestrais dos pobos orixinarios de América: O Komikan”; “Algunhas consideracións sobre o xogo” e “Os xogos de taboleiro na antigüidade: unha revisión histórica”.

Devanditos relatorios foron expostos no “VII Encontro Internacional de Xogos Tradicionais Ribera do Douro (Burgos)”, con motivo do XXV Aniversario da Asociación Cultural La Tanguilla, cuxo lema era “Recuperando Tradicións”.

Os conferenciantes pertencían á Comunidade Autónoma de Cataluña, Castela e León, Baleares, Arxentina, Portugal e Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Libro juegos de mesa juegos tradicionales e ingenio de ricardo perez y verdes

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.