Recibimos hoxe un grupo da escola infantil carballesa Folerpas

O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), hoxe venres día 22 de maio-26, recibiu nas súas instalacións museísticas a un grupo escolar, cuxos compoñentes eran nenos e nenas de 1º de ensino infantil, da Escola Infantil Folerpas da parroquia de Cances Grande do municipio de Carballo (A Coruña). Era a súa primeira vez en achegarse ao noso museo para coñecelo de primeira man. As súas idades estaban enmarcadas nunha franxa dos 2 aos 3 anos e en total compoñían o grupo preto dunha corentena de alumnos/as. Todos eles viñan acompañados polas súas catro titoras Yessica Mato, Mari Cotelo, Nuria Brenlla, Lucía Suárez (en prácticas) e Verónica Pallas Rodríguez que representaba o centro docente na visita e organizadora da actividade.

A visita tivo unha duración case de dúas horas, ao ser os nenos tan pequenos, a parte teórica quedou algo apartada, pero en cambio a parte práctica foi a fundamental. Desfrutaron de todos os xogos existentes e programados nas dúas salas do museo, onde en moitas ocasións repetiron encantados os mesmos.

Segundo o comentario xeral pasárano “xenial”. Unha excursión (como din eles) moi nova e divertida. Podemos considerar, aínda sabendo a curta idade dos visitantes, que os mesmos atopábanse moi alegres e satisfeitos dos logros alcanzados nalgún xogo sinxelo, aplicados á súa idade. Aínda sendo un grupo numeroso para estas idades, a sesión foi magnífica, moi gratificante e satisfactoria para todos. Un excelente grupo (alumnos e profesoras) o recibido nesta ocasión no MELGA en Ponteceso.

nenos e nenas da escola infantil folerpas xogan no melga

 

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.