Regresan ao Melga despois de seis anos de ausencia

O centro escolar do CEIP. A Cristina de Carballo (A Coruña), regresa de novo ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), despois de seis anos de ausencia (2018), e que por causas coñecidas, como foron os feitos pandémicos acontecidos en todo o mundo, deixaron de estar presentes ata a data de hoxe. Os tres grupos participantes na visita guiada, conformábano máis de sesenta alumnos e alumnas de 3º e 4º de educación primaria, con idades comprendidas entre os 8 e 9 anos e viñan acompañados das súas profesoras-titoras Elvira Costa, Maica Cotelo e Patricia Rodríguez directora do centro docente e organizadora da actividade extraescolar.

Regresan ao Melga despois de seis anos de ausencia

Sorpresivamente, Maica Cotelo, era a súa segunda ocasión en visitarnos, xa que facía varios anos atrás, que realizara un traballo sobre varias unidades didácticas sobre o MELGA, en preparación das súas oposicións, obtendo polo mesmo a máxima puntuación. Dita titora tamén é unha gran actriz de teatro e pertence ao grupo Ditirambo Teatro, do cal nosa vicepresidenta da Fundación, Lola Roel, é a súa directora e dramaturga.

Regresan ao Melga despois de seis anos de ausencia

Con máis de tres horas e media de visita guiada polas salas do museo, todos os mozos visitantes e as súas profesoras, gozaron ao máximo cos ensinos transmitidos na sesión e por descontado a competencia en diversos xogos tradicionais xurdiu espontaneamente. Gran entusiasmo, aínda que non obtiveron ningunha marca destacable, aínda que o tentaron, nin tampouco houbo campión da visita, pero finalmente obsequióuselles, por parte da dirección do museo, senllos obsequios de xogos tradicionais para as súas clases.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.