Reunión estival de amigos coruñeses nunha visita guiada

Con motivo das vacacións estivais, un grupo de trinta persoas das vilas de Santiago de Compostela, o Ferrol e da Coruña, reuníronse na mañá de onte día 27 de xullo no MELGA de Ponteceso, para realizar un encontro entre familias das tres localidades coruñesas. A sesión lúdica transcorreu durante máis de tres horas polas salas do museo nun ambiente amigable e familiar deste grupo tan heteroxéneo, xa que o mesmo, formábano nenos/as desde os dous anos a persoas maiores de 80 anos.  Gran ambiente festivo o desenvolvido durante as explicacións e a práctica de xogos e deportes tradicionais, onde os retos e apostas , entre os nenos/as, novos e adultos, dilucidaron no campo de xogo as súas habilidades e aptitudes físico-deportivas con diferentes actividades de maneira individual, por parellas, tripletas ou en grupo. Outra nova experiencia aberta ao público polo MELGA,  para gozar dunha velada cultural estival divfertida, antes de desprazarse á praia de Balarés para tomarse un baño de auga e sol e unhas boas viandas para recuperarse do esforzo realizado Animámosvos a que tomedes dita referencia da actividade planificada, pois supoñemos que non vos imos a defraudar. Esperámosvos.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.