Taller de xadrez e xogos de taboleiro dea antiguidade co mestre Eduardo Dopico Rego no Melga de Ponteceso

Na Semana do V Aniversario da Fundación e o MELGA o sábado día 29, penúltima xornada, á mesma hora que os “Recordos lúdicos”, coordinada e desenvolvida dita sesión polo director do MELGA na sala de conferencias do Centro Cultural, sobre as 11,00 h. da mañá, na Biblioteca Municipal do Centro Cultural deu inicio co profesor Eduardo Dopico Prego un Taller sobre o Xadrez e as súas variantes na antigüidade.

O educador primeiramente convocou a todos os participantes, a percorrer nunha profunda revisión as dúas salas do MELGA, identificando cos alumnos a totalidade dos xogos de xadrez e xogos de taboleiros a través da historia alí expostos e a continuación realizou na aula unha práctica sobre o xogo do xadrez, do alquerque,do ludus latrucumlorum, do shogi, do  go,do xiangqi,  etc. , ademais de ensinarlles a maneira correcta de coller as fichas en cada xogo, a terminoloxía específica, formas de tirar os dados, … Pais, nais e fillos entretivéronse do “lindo” practicando entre eles, baixo a dirección do profesor, retándolles en cada unha das partidas realizadas. Outra actividade para realizar con máis frecuencia, desexando que en próximas convocatorias sexa mais abundante a participación.

Rematado o taller na súa versión teórico-práctica, o director do MELGA, fixo entrega ao mestre, dunha placa conmemorativa pola súa colaboración neste acontecemento do V Aniversario e concedéuselle o pin do museo, que corresponde á súa pertenza como membro de Honra do mesmo.

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.