Con esta terceira sesión o CEIP de Carnota completa as visitas ao MELGA nunha semana

Primeiro foron os maiores, despois os medianos e hoxe martes día 20 do presente mes de maio completan as visitas guiadas ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso, o CEIP. Plurilingüe de CARNOTA, pero nesta ocasión foron péquelos “” do centro, os que nos acompañaron, pero alumnos de ensino infantil (3 a 5 anos) e os de 1º de primaria (6 anos). En total asistiron medio centenar (50) de nenos e nenas, acompañados dos seus profesores-titores Bibiana Saborido, Manuel Pérez, Isabel Capelo, Inés País, Yolanda Rodríguez, Alba Senande  e Manuel Rico director e representante do centro na visita.

Unha xornada moi “infantil”, xa que todo o grupo eran de idades moi pequenas, pero… de todos os xeitos, a ilusión e ganas de xogar non faltaron desde o primeiro momento que pisaron o museo. Todos os xogos, como non podía ser doutra forma, foron adaptados á súa motricidade e grao educativo. A sesión lúdica planificada neste caso, foi un pouco máis curta que as demais, xa que o nivel de atención nestas idades é máis fráxil que idades superiores.

No percorrido polas salas do museo o que máis atención e sorpresa supuxo para os nenos foi sen dúbida todos aqueles xogos ou xoguetes da natureza que tiñan sons ou música, aínda que tamén foron da súa ilusión pola súa competencia os de forza, empuxe, habilidades e lanzamentos. Non faltaron as buxainas musicais, os zumbones ou bramaderas, as curuxas, os chifres, as frautas, os pajaritos no primeiro apartado e os xogos do pau, o anel, a estrela, a ra, castelos, baleros etc. A segunda sala foi a menos intensa e curta, por falta de tempo, pois podese decir que foi un “paseo” rápido para observar as vitrinas expositivas.

Despois dunha sesión ampla, toda a expedición repuxo forzas cun “picnic” no MELGA, onde a dirección do mesmo habilitou unha zona do campo exterior de xogos, ao contar con  un día espléndido, para que degustasen as viandas preparadas por os seus proxenitores.

Hai que felicitar efusivamente, tanto aos profesores/as pola súa colaboración e axuda, como a todos os “valentes infantes” que gozaron dunha xornada “singular” de final de curso escolar. Están seguros que en próximos anos volverán visitarnos, pois esta era a súa primeira vez en coñecernos e a sorpresa fora grande e satisfactoria. “Pasámolo chupi” comentaban.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.