Por terceira vez o CEIP Vicente Otero de Carral visita o MELGA desde o ano da pandemia

Podemos dicir, que o CEIP Vicente Otero do concello coruñés de Carral, é un dos fixos en visitar, ano tras ano, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), desde que iniciou, alá no ano 22, o seu primeiro contacto co noso centro museístico pontecesano. E moi pronto, o día 10 do próximo mes de xuño, ten reservada a súa cuarta visita guiada e a súa segunda ocasión neste ano 2025.

Foron 65 compoñentes, dos alumnos e alumnas do 4º curso de primaria (9 anos) do devandito centro docente, acompañados das súas profesoras-titoras Carmen Pardo, Beatriz Moscoso, Estibaliz Barbeito (orientadora) e María José Zapata que representaba ao centro na visita ao noso museo. Para as profesoras era a súa primeira asistencia do mesmo xeito que a maioría de alumnos, aínda que non máis de dous ou tres alumnos, que nos comentaban que viñeran noutra ocasión.

A duración da visita guiada, iniciouse cun pouco de atraso, aínda que despois recuperouse prolongando o tempo. Foron máis de tres horas intensas tanto para todos os asistentes como para os guías do museo.

Ao ser o grupo tan numeroso, a dirección do museo, propuxo que o grupo se dividise en dous subgrupos de 30 visitantes cada un deles. Na sala II, un dos subgrupos estivo a realizar prácticas de xogos de interior coa colaboradora do museo Vanessa Casais e o outro subgrupo na sala I, escoitando a parte teórica da man de Ricardo Pérez e Verdes director-guía do mesmo. Despois de case unha hora en cada sala, os subgrupos rotaron e pasaron rapidamente as tres horas de percorrido (11,00 h. a 14,00 h.).

Todas as visitas guiadas teñen un esquema e modelo “standard” que se repite en cada ocasión, aínda que sempre son grupos que non asistiron nunca a unha visita guiada. Pero…nesta ocasión, ao dispoñer de tempo, o guía realizou, ao final da sesión lúdica, unha exhibición de bailado de diferentes buxainas, buxainas, perinolas e perindolas, así como dunha demostración de embocabolas ou baleros do mundo. Sobra dicir, que todos os asistentes (alumnos e profesoras) quedaron asombrados do que se pode realizar, con dúas dos xoguetes ancestrais máis representativos de todos os tempos.

O grupo na súa totalidade podémolo cualificar de excelente, foi en todo momento moi participativo, entusiasma, asombrado e gran interese en coñecer todos os detalles sobre cada un dos xogos programados e sen dúbida xogalos e practicalos. Non conseguiron os premios da visita e bateron ningún record na sesión matinal. Parabén a todos!

Finalizada a visita guiada ao MELGA, os visitantes desprazáronse ao Piñeiral de Balarés, para realizar un xantar campestre e a continuación visitar, pola tarde, o “Ecomuseo do Forno do Forte”, no oleiro municipio de Buño, do concello de Malpica de Bergantiños.

Un día ao completo polas nosas terras bergantiñás!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.