Última xornada das Jesuitinas no MELGA

Quinta e última visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso do colexio privado coruñés das Fillas de Jesús/Jesuitinas. O centro docente ha tido unha programación diaria semanal ao noso museo, con todos os nenos e nenas de 2º de primaria do ensino infantil, en idades de 7 e 8 anos de idade. Pasaron polas nosas instalacións museísticas máis de 100 nenos/as e 10 profesores as e titores/as dos devanditos cursos sinalados. Hoxe, o último grupo que nos visitaba, compoñíano nenos e nenas da clase de 2º D, aproximadamente uns 30 discentes, acompañados pola súa titora Yolanda Penas.

A xornada lúdico-festiva ou excursión de final de curso, xa que era a súa última participación do curso académico, desenvolveuse máis aló do case tres horas de percorrido polas salas do museo. A participación, a ilusión, o entusiasmo, a atención, etc. que dispuxeron todos na visita é xusto destacala, aínda que tentaron por todos os medios alcanzar algunha marca nos xogos dispostos, non foron de alcanzalos, pero… tentárono e para outra ocasión seguro que o conseguen. Como os grupos anteriores, o premio foi xeral para toda a clase.

Como anécdota curiosa foi que se achegaron ao museo varios avós para atoparse cos seus netos e netas durante a visita guiada. Por parte dos nenos e nenas que recibiron ás súas «yayos» (que non vían facía tempo), aínda que fóra por un curto espazo de tempo, moi ledos e ditosos ao atopase de novo.

O que desta experiencia realizada por este centro escolar, segundo palabras de todos os docentes que nos visitaron, comentaron que ían propoñer á dirección do centro, que o ano que vén e posteriores fágase unha xornada completa de mañá e tarde para gozar intensamente da visita e ao mesmo tempo coñecer as belezas que ten o concello de de Ponteceso.

Niñas de las Jesuitinas jugando en el Museo MELGA

Alumnos de las Jesuitinas jugando a un juego popular en el Melga de Ponteceso

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.