Hoxe visítannos por primeira vez ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado en Ponteceso, o CEIP San Francisco Javier de A Coruña, cun grupo moi numeroso, máis dun centenar de alumnos e profesores (122) de 3º e 4º de ensino primario, entre os 8 e os 10 anos de idade, que viñan acompañados dos seus titores Aidé Reija, María Isabel Vázquez, Pablo Lamas, Mónica López, Isabel Vázquez e Lucia Gutiérrez, que se encargou da organización da actividade e era a representante do centro na visita.
Aínda que o centro era coñecido por todos nós, xa que en varias ocasións (aínda non inauguraramos o museo), no seu centro escolar coruñés, o noso director e os seus alumnos/as da Facultade do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña celebraran unhas prácticas en dúas xornadas anuais nas magníficas instalacións do centro, duns Festivais de Xogos e Deportes Tradicionais con toda a poboación escolar.
Tanto para o centro escolar como para nós, sen dúbida, era un asunto pendente de hai moitos anos que finalmente, hoxe xoves día 19 de xuño, penúltimo día de clases deste curso escolar 2024-25, materializouse visitándonos. Unha gran alegría por ambas as partes.
A sesión lúdica levou a cabo nun día espectacular de verán, de 10,30 h. a 12,30 h. en xornada matinal. A súa duración foi aproximadamente de dúas insuficientes horas. Ao ser os visitantes moito e moi pouco tempo dispoñible para a visita guiadas, a sesión teórico-práctica, realizouse nunha soa sesión para todos os presentes, da man de Ricardo Pérez y Verdes director-guía do outro. Ordenadamente todo o grupo desenvolveron as sesións en ambas as salas do MELGA, observando e escoitando todo o que alí se lles transmitía. Aínda coas dificultades habidas, os asistentes foron moi participativos, disciplinados e un interese desbordado, sobre todo na parte práxica.
En todo momento as persoas recibidas, non deixaron de expoñer aos responsables do museo, a ocasión perdida durante tantos anos sen visitarnos, pero sen dúbida, collerían “carrerilla” para que en futuros anos volverían en varias ocasións. Valía moito a pena!
As nenas e nenos non deixaban de afirmar “que fora a mellor excusión de fin de curso da súa curta vida, aínda que non lles daba moito tempo en profundar os contidos”. Quedaron todos alucinados, aínda que lles pareceu corta a mesma. Pero…pasárano “guay” aínda que non conseguisen ningunha marca. Despois da visita guiada, todos os excursionistas, desprazáronse á Praia de Balarés, para realizar un xantar de praia, seguir xogando cos xogos aprendidos e algúns ata se atreveron a mollarse nas frías augas dunha das praias máis bonitas da Costa da Morte.
Felices Vacacións! Ata o ano próximo!



Español





Leave A Comment