Un grupo de universitarios, despois de doce anos de espera para visitar o MELGA, por fin cumpren o seu desexo.

Despois dunha longa travesía de doce anos tentando cumprir un desexo de visitar o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), hoxe mércores 08 de outubro, o desexo foi cumprido coa súa vinda a Ponteceso para coñecernos. Este éxito final foi grazas á insistencia das profesoras, que ano tras ano programaban como complemento ás súas materias, Miriam Carretero e Lara Varela, a proposta á Universidade da Coruña, tivo un final feliz. Como de costume a ausencia tan ampla, debeuse ás papeladas, autorizacións e protocolos da propia universidade. 

O grupo compoñíano máis de sesenta (65) alumnos e alumnas e as súas dúas profesoras da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña das materias de Educación Física de 3º Grao de Educación Infantil. O horario establecido para a visita guiada foi curta (2 horas e media), non logrando as tres horas planificadas. Como curiosidade Miriam e Lara foran alumnas do noso director na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF-GALICIA) facía algúns anos atrás. 

O percorrido polas salas expositivas, como comentamos anteriormente, para todos lles pareceu moi curta, aínda que de todos os xeitos, no visitado foi profundo e intenso. Más na primeira sala que a segunda. O grupo estivo en cada momento altamente interesado por adquirir coñecementos para logo, nun futuro poder transmitilos aos seus futuros alumnos. A súa participación foi total, tanto na parte audiovisual, teórica e práxica, aínda sabendo que o grupo era numeroso. Desexaban todos quedar máis tempo pero… pensaban, sen dubidalo , noutra futura repetición de xornada lúdica. 

Moitos alumnos deixaron o seu agradecemento e os seus pareceres no libro de visitas do museo e as súas profesoras asinaron no Libro de Ouro do museo deixando unhas entrañables palabras para o recordo. Di o texto: 

“Tardamos en vir, se e tivemos grandes expectativas coñecendo a Ricardo. Pero chegamos, feita a visita superáronse todas as expectativas con fartura. Por unha banda o museo é marabilloso, así como cada unha das súas pezas, xogos e xoguetes. É historia universal, nacional e local, unha auténtica xoia para a infancia, os docentes e alumnado de todas as idades. Doutra banda Ricardo Pérez e Verdes xenio literal e figura marabillosa, gran mestre e dinamizador que nos fixo vibrar por fóra e por dentro. Grazas mil, imos cheos de ilusión e xogo”. Miriam e Lara”. 

Agradecemos persoalmente a todos  súas palabras e antes da súa partida, fíxoselles entrega uns obsequios aos presentes e en especial ás profesoras por parte do Museo e do concello de Ponteceso pola súa estancia nas nosas terras pondalianas. 

Durante a visita guiada , tivemos algúns visitantes de Ourense e Pontevedra, que casualmente aproveitaron que nos atopabamos alí, para realizar unha visita por libre ou pola súa conta. Eran familias con nenos que aínda se atopaban de vacacións pola zona.

A continuación queda o vídeo-resumo da visita guiada:

Fragmento del vídeo donde se ve a Ricardo perez y verdes con alumnos de la udc

 

 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.