Un grupo de xubilados inician as visitas ao Melga neste ano novo 2023

Na mañá de onte, recibimos a un grupo de xubilados, que procedían da veciña localidade coruñesa de Cerceda, para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). É o primeiro grupo deste ano 2023, que inicia as sesións teórico-práxicas, aínda sabendo estatisticamente, que o mes de xaneiro pódese sinalar no calendario museístico, como inhábil para todos os efectos (inicio do trimestre escolar, remate das festas de Nadal, etc.).

Outra vez máis, e van unhas cantas!, o grupo viña comandado por Luís Fontán e a súa esposa Mari Carmen Bestilleiro, coordinadores da actividade, que sen dubidalo, son un dos mellores embaixadores do noso museo a nivel autonómico, xa que todos os anos en varias ocasións, programan unha xornada lúdica (visita guiada) ao MELGA con familiares, amigos e ata con algúns achegados descoñecidos.

A Fundación Ricardo Pérez e Verdes e a dirección do MELGA, Mari Carmen e Luís, dávos as inmensas grazas polo voso constante empeño, en que todas as persoas que se atopan no voso círculo de amizade, por transmitirlles a imperiosa necesidade de ter que coñecer a vila pondaliana de Ponteceso e o noso pequeno museo, pois cren que vale a pena facelo.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.