Un grupo do Concello de Laracha visita o Melga este ano por primeira vez

Un grupo dos fixos, con excepción destes anos de pandemia, en visitar todos os anos o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, é o concello da Laracha (A Coruña), e como non podía ser doutra maneira, nesta ocasión realízano uns 25 compoñentes da actividade municipal do Campamento de Verán-21, nenos e nenas entre os 5 e os 12 anos de idade e que viñeron acompañados polo técnico de deportes Miguel Barbeito Rivas que exercía de coordinador da actividade e axudado por dous mozos voluntarios.

Un grupo do Concello de Laracha visita o Melga este ano por primeira vez

A visita guiada realizouse en xornada matinal, cunha duración de case tres horas e como sempre, todos os visitantes escoitaron as explicacións do guía do museo ademais de exercitarse nos diferentes xogos tradicionais programados para esta ocasión. Con gran insistencia e entusiasmo, tentaron por todos os medios bater algún das marcas establecidas nos mesmos pero…non houbo sorte e para outra ocasión, seguramente, será.

Un grupo do Concello de Laracha visita o Melga este ano por primeira vez

Un grupo aínda que, moi heteroxéneo, foi moi participativo e interesado en todo o referente á historia do xogo e deportes, tanto tradicional como moderno. Algúns dos nenos/ as, esta, era xa a súa segunda vez que nos visitaban, pero apenas se acordaban da mesma, ademais comentaban, que as salas se habían engrosado con numerosas e novas pezas.

 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.