O pasado xoves día 09 do presente mes de outubro, recalaron pola mañá, un grupo superior aos corenta alumnos/as e o seu profesor-titor en Ponteceso, para realizar unha parada no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) e así poder asistir, por primeira vez, a unha visita guiada ao mesmo.
Cunha viaxe longa e moi pouco tempo dispoñible polo centro escolar para a visita guiada (pois crían que cunha hora era suficiente), a sesión lúdica iniciouse sobre as 11,00 h da mañá e finalizou sobre as 12,30 do mediodía. A expedición pertencía ao CPR. Plurilingüe SEI San Narciso da localidade pontevedresa de Marín, eran dous ciclos de Técnico Superior en Educación Infantil e Técnico Superior en Ensino e Animación Socio-deportiva. Os estudantes viñan acompañados polo seu profesor-titor Alberto Fraile (a súa familia oriúnda de Ponteceso), que realizaba o cargo de coordinador e representante da actividade.
Aínda co tempo moi axustado, a programación completouse, aínda que algo superficial nos tres aspectos programados: audiovisual, teórico e práxico. Pero a visita foi moi satisfactoria tanto no seu interese e participación na sesión matinal, por parte de todos. Está claro que a visita estaba encamiñada a adquirir coñecementos históricos, etnográficos, culturais,… para logo transmitir os mesmos aos seus futuros discentes, xa que este é o seu último ano de carreira.
A xornada sóubolle a pouco, pero de todos os xeitos, puideron levar unha visión moi “xenérica” do que o guía Ricardo Pérez transmitíalles. Non faltaron as preguntas, intercambios, curiosidades e a súa práctica nos descoñecidos xogos e deportes tradicionais que se presentaron.
Ademais de pasalo moi ben e coñecer un museo excepcional, atopábanse con gran pesar por non coñecer a vila de Ponteceso (ningún coñecía a nosa terra) e por suposto máis tempo para o goce do noso MELGA. Estamos seguros, segundo o seu profesor acompañante “non será esta a última vez en dar a coñecer este municipio e o museo con outros grupos en futuros anos vindeiros”
Finalizada a visita guiada, de novo partiron cara a Marín. Unha “vinda e ida” da máis apresurada. “Aínda que foi unha malleira, dámolo por moi ben aproveitada esta xornada lúdica tan especial”, comentaban.




Español





Leave A Comment