Desde a veciña localidade coruñesa de Ordes, onte visitáronnos, por primeira vez nestes anos de funcionamento do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), un grupo reducido pertencentes ao Curso de Habilidades Sociais do Concello de Ordes. Os compoñentes do mesmo eran 15 persoas, con idades comprendidas entre os 23 anos o máis novo e os 66 o maior. A maioría eran galegos, fóra de dous foráneos, Andrés da República Dominicana e Riquelme de Cuba. Viñan acompañados pola súa titora Ana Mella que organizadora da actividade e representante na visita a Ponteceso, alén de María José Mosquera, Noelia Pena e Mónica Rodríguez que exercían de acompañantes e coidadoras.
A sesión lúdica durou aproximadamente dúas horas e media, e hay que decilo “aguantaron” como superhéroes que son, onde os participantes, desexaban executar todos os xogos adaptados que se presentaron polo guía. Moi entusiastas, atentos e dispostos a todo. Aínda coas súas limitacións e dificultades motrices, acomodáronse aos mesmos e ata algúns deles obtiveron importantes avances. Como xogos salientables, temos o loió galego, a buxaina eo trompo, o sapo ou ra galega.
Finalizada a visita guiada, os comentarios que os usuarios transmitiron ao director-guía foron moi gratificantes e o das profesoras do curso, alabron o espazo museístico así como, extraordinaria sorpresa levada a cabo coa devandita visita ao MELGA, chegando a comunicar que desexe “desde hoxe mesmo, unha das actividades no futuro, sen dúbida, sería esta de o MELGA”.
Como curiosidade todos os compoñentes do grupo, deixaron plasmadas nas follas do “Libro de Visitas” do museo, as súas firmas como agradecemento pola sesión lúdica vivida. Tamén, polo ben que o pasaran, Pampín, un dos compoñentes do grupo, regalou a Ricardo, unha pulseira, en nome de todos, confeccionada polo mesmo. Vaia detallazo! Por parte de Ricardo Pérez, a súa satisfacción foi plena por recibilos e velos tan felices nesta nova proposta primigenia para todos eles.
De corazón coméntanos o nos director, que foi unha sesión cultural (teórica- práctica) lúdica en grao sumo altamente gratificante! Sinceramente, con inmensa emoción, un deses días que máis te sentes compracido! Grazas, grazas e moitísimas grazas a todos nos que nos acompañaron neste día, por facernos tan felices!





Español





Leave A Comment