Un programa adicado ao Melga en Radio Nordés Cadena Ser

O xoves pasado día 13 do presente mes de xuño, o presidente da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e director do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), desprazouse á veciña localidade de Cee (A Coruña), para participar no programa “A Cancela” de Radio Nordés da Cadea SER. O programa estivo dirixido da man do presentador José Manuel Mira.

 

Un programa adicado ao Melga en Radio Nordés Cadena Ser

 

Con mais de dúas horas de entrevista, tanto o presidente-director como o presentador, falaron tendidamente sobre os inicios do MELGA, número de visitantes, ámbito a quen vai dirixido o museo, os seus logros, relacións coas institucións locais e provinciais, adquisición de pezas, o seu futuro e sobre todo dos seus inmediatos proxectos a curto e medio prazo. Sen dúbida un pormenorizado percorrido polos cinco anos do proxecto iniciado en 2013 no concello de Ponteceso polo seu fundador e mentor Ricardo Pérez e Verdes.

Como primicia informóuselle a todos os oíntes, despois da aprobación por parte do alcalde Lois G. Carballido, que a vila de Ponteceso sexa a sede no ano 2021 da Reunión de Inverno do Consello de Administración da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais. Un gran acontecemento para o noso turismo cultural e lúdico.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.