Un verán con moita afluencia de público no Museo

Finalizado o segundo verán pandémico, a dirección do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, desexa realizar un somero balance, do que foi este último trimestre de verán do ano 2021. Con gran sorpresa, atopámonos cun estío, non sabemos se polo mal tempo que tivemos (pouca praia), a ampliación de horario do museo (grazas ao noso alcalde Lois Carballido), novo persoal técnico (turismo/museo) ou que a xente tiña a necesidade de culturizarse, xa que as restricións que mantivemos durante tanto tempo no noso país, desde o 15 de xuño ao 15 de setiembre que dura a tempada estival, podemos comentar, que foi, con respecto ás visitas, tanto as particulares como nas guiadas, inmensamente extraordinario e satisfactoria. Sen dúbida un ano para recordar¡

En total visitáronnos de forma libre ao redor dunhas 1.000 persoas, como é de supoñer turistas, vindas de toda España e da nosa comunidade autónoma. As persoas das comunidades españolas que recibimos, procedían de Madrid, Asturias, Vascongadas, Cantabria, Valencia, Baleares, Estremadura, Andalucía, Castela-León, Navarra, Aragón, A Rioxa, Castela A Mancha, Cataluña. Só faltáronnos  a comunidade de Murcia e as dúas cidades autónomas de Ceuta e Melilla. Pódese dicir que fixemos pleno.

En canto ás visitas de proximidade, estas procedían de Ferrol, Mugardos, Cedeira, Pontedeume, Cabana, Carballo, Ribeira, A Pobra, Lugo, Ponche de Porto, Laxe, Marín, Malpica, Santiago, Vigo, Cee, Ourense, Coristanco, A Coruña, Foz, O Carballiño, etc, etc,…e dicir, das catro provincias galegas. Como caso curioso, nesta ocasión, achegáronse a “o seu museo” xentes do concello de Ponteceso, pois despois de tantos anos de inaugurado o MELGA, moitos o facían por primeira vez.

Queremos facer mención que a afluencia de persoas estranxeiras diminuíu moitísimo, polo consabido tema das restricións de mobilidade, pois esta vez, só recibimos uns cuantos visitantes de Francia, Italia e Alemaña.

En cando aos grupos non foron moitos, pois os centros escolares xa finalizaron as súas clases e por tanto, as visitas guiadas desaparecen, dando cabida a outros grupos diferentes, como son os campus, cursos, as asociacións, centros xeriátricos, discapacitados, etc. Tivemos antes de finalizar o curso 2 visitas guiadas do colexio Andaina da Coruña e o IES. Urbano Lugris de Malpica. Sobre campus de verán tivemos a COLAXE de monitores tempo libre de Laxe, CEM. S. Coop. de Oleiros-A Coruña; 3 campamentos urbanos de Eduardo Pondal e do Albergue de Cabana de Bergantiños (Boiro, Outras Comunidades, Celanova), 2 visitas guiadas do grupo APEM de Cée ((enfermidades mentais) e o Campus do Concello de Laracha. Outras visitas guiadas foron un grupo de profesores de ensino secundario, unha axencia de viaxes, profesores universitarios do INEF- Galicia e as visitas especiais de Biel Pubil de Tarragona, Julián Miranda de Xirona) e Maya Álvares de Sotomayor e familia ( Madrid). Superamos con creces, os máis de 400 asistentes durante as visitas guiadas veraniegas.

Ademais o MELGA estivo presente na Inauguración do “Museo do xoguete e monicreces” de Lalin (Pontevedra), visitou o Museo do “Recuncho das Argalladas” da Fortaleza de Tovar en Lourenzá (Lugo), entrevista en É.Radio, e na Cadea SER Nordés, gravación dunha especial empresa turística da Costa da Morte, dunha produtora coruñesa, un Programa de TVG. e un Festival de Xogos e Deportes Tradicionais no Festiletrasde O Couto (Ponteceso)

Outras actividades: Encontro de xogos tradicionais en Muimenta (Lugo), Reunión do Patrimonio Lúdico Gallego, conferencias “en liña” con Rimusgo ( Rede Internacional de Museos do Xogo) e coa Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais ( AEJeST) e finalmente presente en dúas exposicións, unha en Madrid sobre os “Xogos nos Pobos Indíxenas de Brasil” e en Ponteceso (A Coruña) da “Exposición ao aire libre de Murais de Azulexo sobre Xogos e Deportes Tradicionais”

Resumindo, pasaron polas nosas instalacións museísticas do MELGA de Ponteceso neste verán-21, máis de 1.500 persoas e estivemos presentes nunha vintena de actividades de diverso índole. Podemos comentar que sendo un verán especial, tamén a nosa difusión podémola cualificar como excepcional.

A Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o MELGA, de novo,  só ten palabras de agradecemento a todas aquelas persoas que día a día, visitáronnos, sabendo que son os mellores embaixadores, para que nos sigan coñecendo aínda mais. Grazas e un feliz outono¡

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.