O 27 de setiembre de 2013, en Ponteceso, anunciábase un acto moi importante e especial para toda a Costa da Morte e para Galicia en xeral, xa que se inauguraba un novo recinto museístico, tratábase nin máis nin menos que o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), que abría as súas portas despois de tres anos de intenso traballo de catalogación, infraestruturas e distribución.
Hoxe, 27 de setiembre de 2024, estamos a celebrar o UNDÉCIMO ANIVERSARIO do mesmo. Outro ano máis que engadir ao calendario da nosa institución. Once anos de intenso labor pedagóxico, didáctica, cultural, lúdica, inmaterial, turística etc., que levamos a cabo desde a dirección do centro, xa que así era a pretensión inicial de funcionamento e obxectivos planificados ata a data. Desexamos recoñecer o enorme apoio que tivemos do público en xeral, que de maneira libre ou con visitas guiadas visitounos, así como destacar a importante difusión realizada polos medios de comunicación, centros de lecer, restauración e turistas en xeral, que nos viñeron acompañando durante estes anos de existencia. Grazas a todos!
Por tal motivo, os membros do Padroado da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, na súa último reunión (26/09/24), decidiu por unanimidade, que hoxe venres, día do noso aniversario, celebrar unha xornada Puertas Abertas no MELGA, de maneira gratuíta, para aqueles que desexen coñecer o noso pequeno, modesto e orixinal museo. O Museo atoparase aberto, en sesión matinal e vespertina, de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 19:00 h. respectivamente.
Con respecto á fin de semana, as visitas continuarán co mesmo horario e as mesmas condicións que as mantidas durante o verán. Sábado, aberto de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 19:00 horas, e o domingo de 11:00 a 14:00 h. Esperámosvos para guiarvos e visitar coñecer as nosas salas expositivas, con máis de 4.000 pezas sobre a evolución e historia dos Xogos e Deportes Tradicionais e Modernos a través dos tempos. Estamos seguros que non sairedes defraudados. Unhas xornadas fantásticas en familia deste inicio da recentemente estreada estación outonal. Contamos convosco!
Leave A Comment