Unha visita guiada institucional vespertina

Onte mércores en sesión vespertina, sobre o 18,00 h. tivemos a honra de recibir no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso, á alcaldesa actual do concello coruñés de Betanzos María Barral, que viña acompañado do ex–alcalde do mesmo municipio Manuel Lagares. 

Era esta visita unha cita pendente do mes de novembro do ano pasado 2024, xa que naquela ocasión, por motivos de axenda, a alcaldesa, non puido acompañar á visita guiada programada por esas datas, con outros lendarios edís do concello betanceiro Moncho García, Antolín Sánchez Presedo, Manuel Lagares e Antonio Lagares ex-vicepresidente económico da Deputación Provincial da Coruña, un percorrido histórico polos 35 anos, desde 1983 ata o 2018, ata a nova incorporación da alcaldesa María Barral, todos eles membros do Partido PSdeG-PSOE. 

Aínda que o tempo dispoñible para a visita guiada era nun principio moi curta, a mesma prolongouse ata case as tres horas. Para María Barral era a súa primeira ocasión en coñecernos, pero…para Manuel Lagares era xa a súa terceira vez. Unha visita guiada polo noso director Ricardo Pérez e Verdes, onde non faltaron as explicacións pertinentes de cada peza exposta, así como as anécdotas das mesmas e por suposto a práctica dalgúns dos xogos presentados. Unha tarde intensa de intercambios de coñecementos, poñendo en valor a riqueza do noso Patrimonial Cultural de Galicia na súa parte inmaterial e lúdica. 

Finalizada a mesma, Ricardo fixo entrega duns obsequios a ambos os visitantes da Fundación e MELGA, alén duns folletos publicitarios do Concello Ponteceso e a continuación, María Barral tivo a amabilidade e xentileza de asinarnos no “Libro de Oro” do museo, dedicándonos unhas palabras moi gratificantes. Transmítenos: 

“Impresionada con visita a este MELGA, moito máis que un museo, marcho soñando con volver de novo con máis tempo. Grazas a Ricardo por facelo posible. María Barral Varela (17/06/26)” 

Unha sesión moi especial para todos nós, polo interese dos seus visitantes en coñecer o noso proxecto-reto museístico, referente en todo Galicia, camiño próximo aos trece anos de existencia. 

Grazas María e Manuel polo voso apoio!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.