Unha visita singular cos ilustres betanceiros: Os irmáns Lagares Pérez

Onte pola mañá tivemos a oportunidade de recibir no noso instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), aos irmáns Manuel e Antonio Lagares Pérez veciños do municipio de Betanzos (A Coruña). Dous mestres de profesión e políticos de vocación. 

A sorpresa foi, que ambos avisaron da súa presenza no museo unhas horas de desprazarse e… casualmente atopábase neses momentos no MELGA o director-guía Ricardo Pérez e Verdes, que inmediatamente se puxo “ao choio” para realizar moi gustosamente unha visita guiada para eles. Coa consabida alegría, despois dalgún anos sen vernos. A satisfacción de recibir a dous bos amigos entrañables, coñecidos polo noso fundador nos seus tempos mozos de estudantes na antiga Escola de Maxisterio da Coruña, hoxe en día Facultade de Ciencias da Educación. 

Despois de moitos intentos para viaxar a Ponteceso para coñecer o noso museo, onte foi o día dispoñible para tal motivo. Sen dúbida foi gran honra o poder presentarlles o traballo realizado durante estes últimos 12 anos da nosa existencia museística. 

Antonio Lagares, naceu en Betanzos, é mestre de Ensino Primario e diplomado en Ciencias Sociais. Foi Tenente de Alcalde do Concello de Betanzos e Deputado Provincial da Coruña, como presidente da Comisión de Economía e Facenda durante varios anos. Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Betanzos e das Mariñas Betanceiras e Membro do Comité Nacional do PSdeG-PSOE e portavoz do Grupo Provincial Socialista. Despois da visita tivo a xentileza de deixarnos unhas palabras no Libro de Ouro que di: 

“Na terra do bardo Eduardo Pondal Abente, atopamos o MELGA que dirixe Ricardo Pérez e Verdes, bo galego e grande amigo. Penso que hai que coñecer este Museo, único en Galicia e penso que no mundo. Parabén para Ricardo e á súa familia. Foi unha grande ilusión estar neste recuncho na comarca do Allones. Antonio Lagares (un garelo)”. (Garelo é o nome que se coñece aos cidadáns de Betanzos). 

Pola outra parte atópase o seu irmán Manuel (Monolo) Lagares, nacido tamén en Betanzos, mestre-profesor de ensino secundario, especializado en matemáticas e ciencias naturais a través do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) e da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Foi profesor e director en varios centros escolares públicos. Como político foi tenente de alcalde e Alcalde de Betanzos durante 24 anos no municipio que lle viu nacer, presidente de de a FCG, membro da FEMP e vicepresidente da FEGAMP, Membro da Comisión executiva galega do PSG-PSOE, membro de Honra de asociacións culturais e deportivas e presidente de Honra do Centro de Betanzos en Buenos Aires. A súa dedicatoria e firma no noso Libro de Ouro foi a seguinte: 

“Amigo Ricardo; Despois de ver as magníficas instalacións do “MELGA” e o inxente traballo que fixeches para conseguir este maravilloso lugar, só quédame felicitarche e desexar que, a túa Fundación encontre o camiño e asentamento que merece e esta fabuloso colección poida transmitirse ás futuras xeracións para o coñecemento e deleite. Os meus máis sinceiros Parabéns! Manuel Lagares. Betanceiro de prol”. 

Despois das dedicatorias, Ricardo Pérez e Verdes, fixo entrega a estes dúas ilustres figuras galegas, do mundo da educación e da política, uns obsequios de recordos do museo e publicidade diversa do noso concello de Ponteceso. Unha vez realizado o percorrido polas salas expositivas e as actuacións protocolarias, o noso director, acompañou aos irmáns Lagares a un xantar na Pesqueira, para degustar a gastronomía da zona e ao mesmo tempo continuar coa consabida temática do noso museo. 

Finiquitada esta reposición de enerxías, como anfitrión da xornada, realizou unha visita polo Centro de Ponteceso, Recheo, Concello, Casa Pondal (gran pesar por atopala non visitable), Monte Blanco e finalizando na praia de Balares. 

Un día moi singular e excepcional! 

Gratitude inmensa, Antonio e Manuel, por compartir connosco unha xornada no noso querido MELGA!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.