Outro ano máis (esta é a sexta edición), cun ano de ausencia (2024), na pradería da aldea de Riobó, do concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña), o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) organizou, en sesión vespertina desde as 17:00 h. ata as 21:00 h, do “VI Festival de Xogos e Deportes Tradicionais na Idade Media”, dentro da xornada das “ XVII Noites do Medievo”, nunha sesión lúdica-cultural-festiva, gastronómica e turística, onde non faltaron os xogos de forza, de habilidade, de precisión, de lanzamentos, xogos de taboleiro etc., que masivamente moitas persoas aproximáronse ao “campo de batalla” de herba, habilitado para tal motivo.
Os xogos deseñados polo museo nesta ocasión, na súa edición XVII, causaron expectación e asombro, tanto pola orixinalidade, atractivos e en moitos casos pola súa dificultade de execución. Como novidade deste ano, introducíronse tres novos xogos de campo, os coñecidos como o “Xogo do zueco”, o de “Forza de peito” e o do “ Cayado” e en canto aos Xogos de Taboleiro presentáronse os do “Carróms”, “O raposo e as ovellas” e o da “Catapulta” e en habilidades motrices o da “Hélice”, “As argollas”, o de “A culler” e o dos “Imáns”. Pero o novo deste ano foi que introducimos, como final de festa, unha gran Piñata Medieval, onde nenos/as, novos e adultos romperon potas con contidos con agasallos, con auga e con fariña. Más de medio centenar de persoas tentaron lograr o obxectivo e…ata quedamos curtos co material dispoñible. Un éxito total!
Participárona no encontro foron persoas vindas de varias comunidades españolas e por suposto, moitas de Galicia. As idades dos participantes atopábanse entre os 2 anos ata os 90 anos e todos eles, por suposto, colaboraron a que o éxito total estivese asegurado. Os presentes ao acto lúdico tentaron demostrar as habilidades en cada un dos xogos, xurdindo píquelos “familiares e entre amigos”, pero sempre co “xogo limpo” por adiantado e nun ambiente familiar e recreativo. Ademais do noso director, a sesión lúdica contou coa colaboración indispensable para o desenvolvemento do evento dos monitores/as Ignacio e Borja Pérez, Lorena Pita, Olga Escario e Lola Roel.
Desde os estamentos públicos, organización e por persoas en particular, o MELGA recibiu moitas felicitacións da sesión planificada que foi masiva, (aínda habendo outras actividades paralelas na festa), moi participativa e dunha maneira moi divertida. Este ano superamos e batemos con moito o “record” de participación do ano 2023, pasando pola instalación lúdica de xogos máis de 350 persoas.
Como datos anecdóticos tivemos, en primeiro lugar, o contar na sesión cun grupo de alberguistas que o día anterior habían participado dunha visita guiada ao MELGA e que o noso director-guía convidáraos a todos para que, se estaban dispoñibles e apetecíalles, visen e participasen doutros xogos diferentes ás prácticas que realizaran no propio museo. Sen dúbida unha gran sorpresa e por descontado, moito interese polos xogos e deportes tradicionais en xeral deste grupo. E en segundo lugar, a participación estranxeira na sesión con familias suízas, alemás, ingleses e holandeses que gozaron do “lindo” cuns xogos tan descoñecidos para todos eles. A súa alegría e participación foi sen dúbida admirables. Saíron inmensamente ditosos pola xornada realizada¡
Grazas Riobó, ao concello de Cabana de Bergantiños, a Silvia Losada, Carlos Sande, ás súas xentes, á organización por contar connosco, pola acollida que sempre nos dispensan, polo gran día pasado, pola masiva participación, polo triunfo dos xogos, pola aceptación unánime e pola programación deste acto medievalista organizado, etc…
Agradecemos enormemente o seu agarimo e lles informámos que, poñémonos “ao choio” para ir traballando, desde xa, para que a SÉTIMA edición do próximo ano 2026, sexa moi superior e con moitas novidades a esta recentemente finiquitada edición.
Vivan os Xogos Medievais nas Noites no Medievo de Riobó!



Español





Leave A Comment