VI Ruta de Bicicletas Clásicas de Ponteceso

O vindeiro domingo día 15 do presente mes de agosto-19, con motivo das Festas da Barquiña de Ponteceso, imos celebrar VI edición da Ruta de Bicicletas Clásicas.

Polo tanto, fágovos chegar o convite á vosa participación práctica-activa na mesma. Aínda que o cartel especifica que sairemos do MELGA ás 11,00 h. seguramente o inicio da ruta será sobre as 12,30 h. aproximadamente, porque ás 11,30 h. os participantes dos coches e motos clásicos, queren que lles realicemos unha visita rápida guiada ao museo, polo tanto, os que non o coñezades poderedes unirvos á mesma hora.

A continuación sairemos desde o MELGA para facer o percorrido e logo expoñeremos todos os nosos “artefactos terrestres” (motos/coches/bicis clásicas) no Reencho de Ponteceso. Visitaremos os xardíns da Casa de Pondal e seguidamente comeremos (os participantes estades todos invitados), como o ano pasado a beiras do Anllóns os sabrosísimos callos, queixos, empañadas, queikes, etc

Creo sinceramente, que non vos debedes perder esta ocasión e, por favor, pídovos que vos inscribades ou comentalo,que seguro, ímosnos/ímonos a atopar nesta festa lúdico-gastronómica-festiva, pois temos que contabilizar o número aproximado de comensais e agasallos a entregar.

Como sempre, si dispoñedes dalgunha bicicleta de reposto, recibiriámolas de moi bo grado, pois algún sempre se queda “colgado”.

Recorda: traer unha bicicleta o máis antiga que teñades e vir con traxe de época decimonónica, é dicir, cun chapeu, pamela, colares, tirantes, viseras, etc.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.