VIII Edición do Aberto de Billa de Ponteceso e derradeira xornada da Liga (LNB) da Confederación Noroeste

O vindeiro domingo día 12 do presente mes de maio-19 ás 10,30 h. a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), vai organizar, outro ano máis, a VIII EDICIÓN DO ABERTO DE BILLA DE PONTECESO e ao mesmo tempo a ÚLTIMA XORNADA DE LIGA ( LNB) DA CONFEDERACIÓN NOROESTE, no campo de xogo do Centro Cultural do Concello de Ponteceso, onde está situado o MELGA.

Como sempre se a vosa dispoñibilidade persoal ou profesional permítevolo, quedades invitados/ as a participar no concurso organizado ou ben como entusiasta espectador.

Para que poidades demostrar as vosas magníficas calidades, podedes inscribirvos na Casa da Cultura ao teléfono 981. 71.54.42 de 9,00 h. a 14,00 h. e de 16,00 h. a 20,00 h de luns a venres. Os inscritos ata a data, con algúns grandes campións locais, provinciais e galegos de Laracha, Arteixo, A Coruña, Cerceda, Malpica, Laxe, Paisaco, Ponteceso, etc. superan xa os 40 participantes. Os premios para conceder no concurso-torneo serán de maneira individual (masculina e feminina) absoluto, infantil, veteranos e por equipos.

Desexamos que a participación sexa aínda maior e póidase bater o record do ano pasado. Animarvos! Esperámosvos! Contamos con todos vós!

 

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.