O MELGA colaborará no VIII festival de Xogos e Deportes Tradicionais galegos nas festas coruñesas do barrio do Castrillón

Este próximo venres día 22 de agosto de 2025, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, foi convidada pola Asociación Soto IAR do barrio coruñés do Castrillón para colaborar, como os últimos anos, na OITAVA edición do Festival de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos.

O magno acontecemento desenvolverase nas instalacións ao aire libre da Praza de Pablo Iglesias, no Castrillón, a partir das 18:00 h. ata as 21:00 h. Comunícase a todos os posibles asistentes que, no caso de que o tempo non sexa favorable (posiblemente teñamos choiva) a xornada manterase, pero neste caso, trasladarase a sesión lúdica ás instalacións cubertas do Centro Cívico-Cultural do barrio coruñés, sito na mesma praza devandita.

Como todos os anos, esperamos que a participación cidadá sexa numerosa, pois pódese comentar que sempre foi unha das actividades máis atractivas da extensa programación existente durante a fin de semana.

Todas aquelas persoas que desexen participar de forma gratuíta na devandita actividade, quedan desde este momento invitados e ao mesmo tempo a organización agradece a asistencia ben como participante activo ou como espectador. Esperámosvos a todos para que gocedes dunha tarde moi recreativa cos xogos máis representativos do noso patrimonio lúdico e inmaterial de Galicia.

Esperámosvos para xogar!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.