Visita de un centear de alumnos do C.P.R. Plurilingüe La Grande Obra de Atocha de A Coruña

Hoxe visitaron as instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), máis dun centenar de alumnos/as de 3º da ESO (14-15 anos) e profesores de CPR. Plurilingüe A Grande Obra de Atocha da Coruña.

Como nalgunha ocasión e nesta moito máis, o tempo dispoñible que os discentes e docentes do centro escolar tiveron para a visita guiada foi totalmente insuficiente, por mor da prolongación das súas anteriores visitas matinais realizadas ao Castro de Borneiro e á ruta dúas Muiños. A visita estaba programada, como sempre, para tres horas e o tempo dispoñible finalmente non superou a hora e media. De todos os xeitos todos se comprometeron a regresar moi pronto de novo, xa que quedou un ?mal sabor de boca?, por non poder gozar do coñecemento da historia lúdica (é destacable o gran interese desenvolvido por todo o alumnado sobre o tema), nin facer unha práctica máis profunda e ampla dos xogos e deportes tradicionais galegos e do mundo. Estaremos á súa enteira disposición cando nos desexen visitar de novo.

One Comment

  1. Silvia Díaz-Reply
    Tuesday May 17th, 2016 at 08:21 PM

    Muchas gracias por todo al MELGA. Tanto los alumnos como los profesores del CPR La Grande Obra de Atocha disfrutamos muchísimo. Seguro que volveremos!

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.