Visita o Melga a escritora Mercedes Queixas Zas

Con motivo da Semana Cultural do Colexio Alcalde Xosé Pichel de Traba-Coristanco, onte visitaron o MELGA  os seus alumnos/as e ao mesmo tempo foron acompañados polos alumnos/as do IES. Otero Pedrayo da Coruña debido a un intercambio escolar entre ambos os centros docentes. Como coordinadora, da experiencia e proposta lúdica de ambos os grupos, foi a escritora galega Mercedes Queixas Zas.  Como todos sabemos, Mercedes é licenciada en Filoloxía Hispanica, subsección galego-portugués, da Universidade dá Coruña, e exerce actual mente docencia no CPI. Alcalde Xosé Pichel, de Traba-Coristanco, labor que compaxina coas funcións de Secretaria Geral da Asociación de Escritores en Lingua Galega. A súa ampla bibliografía desenvólvese no xénero de ensaio primordialmente, pero tamén ten abundante obra colectiva e traducións. Foi premio de Ensaio da Asociación de Escritores en Lingua Galega non 2012, por Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de María do Carme Kruckenberg. Todo un referente na cultura galega.

Por descontado, para a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) foi unha verdadeira honra o compartir uns momentos con ela,  falando como non pode ser doutra maneira, do museo, do xogo, da filoloxía galega e da incipiente investigación que estamos a levar a cabo, desde a nosa institución,  sobre un estudo lexicográfico lúdico da Costa da Morte, cuestión que lle interesou enormemente.

En palabras da filóloga: “que fora un acerto e unha das mellores decisións que tomaran en canto a actividades extraescolares, o programar unha visita ao MELGA, xa que fora unha experiencia enriquecedora e magnífica, ao poder intercambiar experiencias con dous grupos de alumnos/as, tendo como base prioritario o xogo e a súa historia cronolóxica a través dos tempos.” Para todos nós foi un gran acicate para seguir traballando día a día polo Patrimonio de Galicia a través das nosas entidades.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.