Visítanos o CPI. Monte Caxado de As Pontes de García Rodríguez

En xornada matinal, tivemos outro dobrete máis este ano en visitas guiadas ao MELGA de Ponteceso. Desde as 10,00 h. ata as 12,30 h. da mañá, recibimos a unha media centena de alumnos/as do CPI. Monte Caxado do municipio coruñés das Pontes de García Rodriguez, con idades comprendidas entre os  9 e 11 anos. Estiveron acompañados polos profesores/as Loli Prieto, Alicia Piñeiro, Fina Branco e Pedro Neira, que casualmente fora alumno do director, nos seus estudos de Educación Física na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física(INEF-Galicia). A visita guiada durou dúas horas e media. Obtiveron os premios de atención e habilidade a alumna de 9 anos Andrea Cery e o alumno Fernán Nicolau Pena de 8 anos. Tamén este último docente, bateu un novo record, con 46 puntos, no xogo do “Palet holandés”.

Finalizada a visita todos os visitantes desprazáronse ao piñeiral de Balarés, para repoñer forzas e gozar da paisaxe e o areal esbrancuxado da  extraordinaria praia que posúe o concello de Ponteceso. Tampouco deixaron de presenciar o observatorio ornitolóxico do Monte Branco, a Barra e os meandros do río Anllóns.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.