Visítanos un grupo senior de Ferrolterra

Tivemos a honra de recibir o pasado día 13 de abril-23 no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) dunha ochentena de persoas procedentes de Ferrolterra e que correspondía o grupo á Asociación de Alumnos da Universidade Senior, que viñan organizados por Belén Ruano para realizar unha visita guiada ao noso museo, situado en Ponteceso.

A sesión lúdica tivo unha duración de máis de tres horas e media, onde sen excepción, todo os compoñentes do grupo, escoitaron atentamente as explicacións do guía, así como exercéronse coas prácticas sobre xogos tradicionais, adecuadas e programadas para unhas persoas maiores. Precisamente nesta ocasión conseguiuse bater o record do home de máis idade en visitarnos, chamado Germán Fernández, con 91 anos no seu haber, pois o anterior o vimiancés Aurelo Rivas, contaba con 87 anos de idade. Un grupo extraordinariamente participativo, interesado en todo o que alí se propoñía e nalgún momento xurdiu algunha que outra emoción e sentimento da época infantil pasada.

Visítanos un grupo senior de Ferrolterra

Entre o grupo, atopábase o amigo e compañeiro de navais de Ricardo Pérez e Verdes, David García, que tomou a palabra en primeiro lugar, antes do inicio da visita guiada, e pronunciou un extenso panegírico sobre o noso director. David e a súa esposa era a súa segunda vez en visitarnos, xa que no mes de xullo comprometeuse a traer a este grupo de compañeiros da universidade Senior, onde eles son tamén participantes. Outro gran embaixador do noso museo.

Só recibimos felicitacións por parte de todos os compoñentes, como mostra as seguintes palabras:

“Primeiro, darche as grazas, da mañá que non fixeches pasar onte. Saímos todos encantados. O teu labor é encomiable e o teu entusiasmo contaxioso. Paseino “BOMBA” onte e facía tempo que non gozaba tanto. As miñas felicitacións polo teu museo e a facilidade con que chegaches e acaparaches a atención de todos”.

Outra xornada museística das que se lembran por moito tempo!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.