Visitas institucionais museísticas

Esta fin de semana, sábado día 2 do presente mes de agosto, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), a través do seu fundador e creador de ambas as institucións e a súa vicepresidenta Lola Roel, desprazáronse ao municipio de Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, para realizar unha visita institucional e de cortesía a varios dos museos existentes da capital da comarca de Lemos e a Ribeira Sacra lucense.

Foron tres os museos visitados nesta xornada museística. En primeiro lugar tivemos a ocasión de visitar o Museo do Pazo de Tor, o segundo lugar o Museo do Ferrocarril de Galicia e en último lugar o Museo de Bonecas. Cada un deles coas súas características respectivas e situacións antagónicas nalgúns casos. Temos que comentar que para nós, era a primeira vez que tiñamos a oportunidade de estar presente en cada un eles, aínda que nos convidaban persoalmente cara a algúns anos aos mesmos, por parte dos seus dirixentes correspondentes.

O Museo do Pazo de Tor (Tor-Monforte de Lemos) é un edificio de estilo barroco pero matizado por certo sentimento estético neoclásico, cuxo orixe se remonta ao século XIV coa liñaxe dos Garza de Castrillón, aínda que o edificio actual foi construído no século XVIII e relacionado coas liñaxes dos Quiroga, Losada Sarmiento, Taboada e outros. O edificio está xestionado pola Deputación de Lugo a través da Rede Museística Provincial de Lugo. Abriuse como museo o 13 de xullo de 2006. Para coñecer, sen dúbida, como era a vida nos pazos (palacios) galegos, a visita é obrigada, xa que é un dos poucos pazos de Galicia que conservan todo o mobiliario e obxectos dos seus propietarios. De feito a colección de mobles é case única en Europa.

O percorrido polas instalacións do pazo foi dirixido magníficamente pola guía municipal que con máis de dúas horas de visita guiada, relatounos a historia do mesmo e os pormenores dos acontecementos acaecidos no pazo. Está claro, por deformación profesional, os nosos representantes, “paráronse” máis detalladamente naqueles lugares e temas coincidentes co noso museo. Con admiración, observamos as salas de xogos dos adultos e a habitación de nenos/as, cos correspondentes xoguetes. As pezas, aínda que non moitas, son verdadeiramente magníficas.

Entre elas, destacamos para os adultos, unha magnífica mesa de billar con bólas de marfil, un colga-tacos e un taboleiro-marcador; unha mesa de xadrez, coas súas pezas de marfil moi orixinais; dúas caretas antigas, floretes, sabres e luvas para exercitarse na esgrima; diversas pistolas para o tiro de precisión; abundantes escopetas, coitelos, zurrones para a caza e finalmente elementos da indumentaria persoal, tanto de homes como mulleres, para a práctica da hípica ou equitación (espuelas, cadeiras de montar, fustas, botas de montar, traxes, gorros etc.), etc.).

Na habitación dos xogos para nenos e nenas, destacaban nunha vitrina os diferentes xoguetes da época dos nobres: caballitos de arrastre de cartón, soldaditos de chumbo planos, xoguetes de hojalata, huchas, diábolo, xoguetes de animais con corda, marionetas, caixa de música etc. Son pouco pero moi destacados, sabendo que os descendentes non tiveron fillos e seguramente estes, eran para entreter aos seus sobriños cando os visitaban nos seus períodos vacacionais.

No exterior do pazo, na horta, existe un Labirinto único en Galicia, moi orixinal e ben conservado, construído non con sebes vexetais, como se adoitaba facer naquelas épocas e hoxe en día, senón con lousas de lousa.

Ricardo Pérez y Verdes posa en las instalaciones del Museo del Ferrocarril de MOnforte

A segunda visita efectuada en Monforte de Lemos, foi ao Museo do Ferrocarril de Galicia coñecido polo seu acrónimo de MUFERGA. Foi inaugurado no ano 2001. Está situado nas antigas instalacións ferroviarias da estación, na que foi o antigo taller de tracción e a instalación do depósito de locomotoras, edificación máis coñecida polo nome de “Rotonda Ferroviaria”, que foi recoñecida pola Unión Europea como “Edificio Destacado do Patrimonio Industrial Europeo”. Actualmente é a nave (edificio) deste tipo de maiores dimensións que existe en España e a única de Galicia.

En canto á visita guiada durou aproximadamente unha hora e media, onde puidemos observar as primeiras locomotoras eléctricas, as diésel (típica coñecida como “Ye-Ye”), as de tracción vapor como as míticas “Mikado” e a maior colección de coches de viaxeiros históricos de toda España. Para o noso interese, á entrada da nave, topámonos cunha monumental maqueta artesanal de caso 10 metros cadrados, onde non lle falta detalle algún a @dicha xigantesca obra artesanal. Todo o recinto interior atópase rodeado con vitrinas expositivas de maquetas, a diferentes escalas, coa súa evolución histórica e unha colección de obxectos relacionados co ferrocarril. Magnífico! E finalmente, para rematar a visita guiada, no exterior do edificio, inclúese un trenecito para trasladarse por todo o recinto con varios túneles. Despois de subir ao interior dalgúns coches históricos, subímonos a un tren para levarnos á Rotonda, plataforma redonda- exclusiva en España- que se move en círculos para trasladar dunha vía a outra as máquinas ou ben cambialas de sentido. Espectacular!. Desde o 2023 asinouse un acordo con ALSA Rail para a recuperación e posta en marcha do tren histórico denominado “Tren Galaico Expreso” para percorrer a Ribeira Sacra e Monforte de Lemos.

A xornada museística finalizaba coa terceira visita ao Museo Casas de Bonecas de Monforte, pero… por motivo de saúde dos donos, o centro atopábase pechado. Que desilusión! O museo consta de máis de 25 casas se bonecas, que foron elaboradas concienzudamente polos seus donos Josela Fernández (monfortina) e Francisco García-León (sevillano). Foi inaugurado en 2016 e atópase situado nos baixos da estación de ferrocarril. Segundo comentounos Josela telefonicamente, posiblemente, levantarase a acta de defunción do mesmo (pecharase definitivamente) este presente ano con gran pesar para todos. Que pena!

Aínda que Ricardo Pérez e Lola Roel preferisen cumprir con todos os obxectivos planificados (ver os tres museos), a súa satisfacción foi plena e moi frutífera, xa que os nosos representantes deixaron en cada un dos museos visitados, para a propia institución e visitantes, uns folletos do noso MELGA.

Con iso que conseguimos? pois no Museo Pazo de Tor animar aos presentes a que nos coñecesen e nos visitasen. A guía do mesmo, ao ser presidenta da asociación de Pais e Nais dun centro escolar, prometeu que o próximo ano visitaríannos nunha excursión de fin de curso con todos os seus alumnos e alumnas. No museo do Ferrocarril, o xerente-encargado e o noso presidente, estableceron os primeiros pasos para poder realizar unha ”Exposición de Maquetas de Trens en Miniatura” para un próximo cercano, no noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) e de paso coñecer o noso pequeno museo.

Un gran día para coñecer un pouco máis nosa terra e a súa cultura galega!

Ricardo Pérez y Verdes posa en las instalaciones del Museo Pazo de Tor

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.