XI Feira Modernista de Sada 2022 | II Ruta de Bicicletas clásicas

Estimado/a amiga/o:

Achégoche o cartel anunciador da nova actividade que a Fundación Ricardo Pérez y Verdes e o Museo MELGA de Ponteceso vai desenvolver o vindeiro sábado día 30 de xullo do presente ano, no Concello de SADA (A Coruña), do II Roteiro de Bicicletas Clásicas e unha exposición das mesmas, dende as 11:00 h. ás 20:00 h. aproximadamente. O paseo/roteiro está incluído dentro da programación da XI FEIRA MODERNISTA.

Como de costume e preceptivo, deberás portar unha bicicleta clásica e unha indumentaria axeitada á época para representar.

Desde este momento quedas convidado/a á devandita xornada lúdico-festiva, ben como participante ou como espectador.

Será un pracer o recibirvos e acompañaros.

Un cordial abrazo. Ricardo Pérez y Verdes

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.