XIX Asamblea Europea de Xogos e Deportes Tradicionáis

Onte sábado día 18 de xullo-20 celebrouse, por primeira vez na historia da Asociación Europea de Xogos e deportes Tradicionais, a Asemblea Xeral da entidade en formato on- line. Os motivos desta nova experiencia, moi positiva por certo, non foi outra que o tema da pandemia do coronavirus (Covid-19), pois dita reunión debería celebrarse no día de hoxe na Bretaña Francesa, organizada pola Confederación FALSAB en Pontivy, coincidindo co Festival Intercéltico de Lorient, ademais de conmemorarse o 90 aniversario da asociación.

A asemblea estivo representada por 50 participantes correspondentes a 11 países e entre eles os representantes por Galicia foron, por unha banda a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional de Melide e a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o MELGA de Ponteceso.

Dos once puntos que custaba a Orde do Día, destacaremos aqueles cuxa importancia foron debatidos amplamente. O punto 2 da reunión, correspondeu á presentación dos novos logotipos da Asociación e as modificacións de varios artigos do regulamento interno, que se aprobaron por unanimidade. O punto 3, quizais o máis intenso, tratouse e aprobaron as sedes das próximas Asembleas Xerais que corresponderon: no ano 2021 a Svetvincenat- Croacia; o 2022 foi para Verona-Italia e o 2023 de novo recolle a testemuña Bretaña-Francia. Seguidamente pasouse ás propostas das futuras reunións de inverno do Consello de Administración. Neste apartado tomou a palabra o noso presidente Ricardo Pérez e Verdes e presentou, como o facía na Asemblea de Aosta-Italia o ano anterior, a candidatura para traer a Ponteceso-A Coruña, dita reunión para o ano entrante de 2021 no mes de marzo. Outras dúas candidaturas presentáronse, a da Universidade de Coimbra-Portugal e a do Museo de Xogos Tradicionais da Almunia de Dona Godina-Aragón. Finalmente non se aprobaron as sedes, senón que se nos deu un prazo curto de 15 días, para que puidésemos establecer coas nosas institucións públicas o apoio necesario para levar a cabo devandito evento internacional. Expreso o meu desexo intensamente, que o noso Concello de Ponteceso co seu alcalde Lois G. Carballido e a súa corporación municipal, aposte por este acontecemento, pois asegurado está a promoción e divulgación do noso municipio e comarca bergantiñá da Costa da Morte.

A continuación presentáronse os ONCE novos membros da Asociación que corresponderon a persoas xurídicas: Ktima de Chipre, Buzet- Istria-Croacia, Macba District de Serbia; Diogenis Macedonia- Grecia e Kala Dendra tamén de Macedonia-Grecia. En canto aos persoas físicas corresponderon os novos membros a: Rafael Lucholo de Canarias-España, Joseba González das Vascongadas-España, Zinaida Kutnesova da Republic of Tatarstan de Rusia, Felipe Gonzalo de Aragón- España, José Ignacio Alonso de Muercia-España e Mario Duarte Maia de Beira Interior de Portugal. Como convidados estiveron pola Asociación Africana de Xogos e Deportes Tradicionais a profesora Zhaïra Ben Chaâbane da Universidade da Manouba de Tunes e pola Universidade de México a colega Irene Morais, que hai dous anos aproximadamente, tivo a ben en desprazarse a Ponteceso para facernos unha visita ao MELGA.

E finalmente no punto 4 concedéronse os premios 2020 a aquelas persoas ou institucións polas súas Boas Prácticas en defensa dos Xogos e Deportes Tradicionais. Este ano recaeron os mesmos en: Premio individual a Pierino Daudry de Italia, o premio colectivo á Coordinadora Intercomarcal de bitlles e Birles de Six de Cataluña-España e Membro de Honra ao profesor emérito francés Pierre Parlebas, doutor Honoris Causa, Caballero da Lexión de Honra de Francia polos seus métodos pedadógicos no seu país, un referente mundial no campo da educación física, na socioloxía, psicoloxía, na lingüística e por descontado nos xogos e deportes tradicionais.

Despois dunha mañá intensa de traballo, clausurou a Asemblea Xeral o noso presidente Pere Lavega, agradecendo a todos os “presentes virtuais” a súa participación nesta sesión experimental de on- line, con moito éxito e emprazounos para o ano entrante, se a pandemia permítenolo, en Svetvincenat, Istria-Croacia do 21 ao 24 de Outubro de 2021 e esperando que o MELGA de Ponteceso sexa, a principios do próximo ano, a sede da Reunión de Inverno do Consello de Administración da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais. Que así sexa!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.