Xogos tradicionáis co Melga nas festas coruñesas do Castrillón

Outro ano máis o MELGA de Ponteceso foi convidado a participar nas festas do barrio coruñés do Castrillón, na tarde onte, na praza Pablo Igrexas, centro neurálxico de todas as actividades (romaría, concertos, gastronomía,…). Tres xeracións de veciños citáronse alí para transmitir ou recibir, no caso dos máis novos, varios xogos tradicionais, reconvertendo a praza nunha ponte cara á tradición e o pasado. Uns 12 xogos como a ra, a pesca, o varapau, o tirafungueiro, os birlos, o zurriagazo, o turra dá maroma, etc., presentáronse como un dos atractivos máis rechamantes do acontecemento.

Como cada ano, a organización da semana de festas estivo coordinada e dirixida pola AA. VV. Castrillón. Urbanización Soto IAR , coa colaboración do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) no tocante aos Xogos e Deportes Tradicionais Galegos e o concello da Coruña.

Durante case catro horas de intenso entretemento e diversión, é de merecido recoñecer e destacar, o extraordinario labor desenvolvido polo presidente dá Asociación de Veciños e a súa xunta directiva e colaboradores, que supervisaron e controlaron activamente todas as actividades alí planificadas, para que levasen a cabo en orde e correctamente. Concluíu a xornada lúdica dentro dun gran ambiente familiar e veciñal, entregando a todos os participantes uns regalos de recordo deste día, tan especial e divertido.

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.