A xornada lúdica deste primeiro domingo do mes de agosto, cun sol radiante propicio para ir á praia, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) preparábase ás 11:00 h da mañá a abrir as súas portas como estas últimas fins de semana do período estival, para visitas de persoas por libre ou pola súa conta.
Pódese comentar que, antes do inicio da apertura do museo, xa se atopaban varios visitantes á espera para entrar, cousa inhabitual; o noso director-guía deulles a benvida aos diferentes grupos familiares, todos turistas, que viñan doutras comunidades de España e que estaban a pasar as súas vacacións pola nosa terra. Os asistentes procedían das Comunidades Autónomas de Madrid (Leganés), A Rioxa (Anguiano), Castela e León (Burgos), Estremadura (Cáceres), Vascongadas (Álava-Vitoria), Cataluña (Barcelona) e Galicia (A Coruña).
Reuníronse en total máis de medio centenar de persoas (un 40 % de nenos/as e 60 % de adultos); o guía do MELGA, con bo criterio, propuxo a todos os presentes, se é que era o seu desexo, que poderiamos realizar unha visita guiada para todos eles, aproveitando que Ricardo Pérez se atopaba alí. A decisión foi inmediatamente aceptada por parte de todos. Esta ocasión acontecida é a primeira vez que nos pasa nos doce anos de existencia.
Non só foron as persoas que iniciaron a visita guiada, senón que durante a mesma se uniron a nós outras varias persoas máis durante o percorrido. Finalmente logramos un “pleno” nun domingo de verán con máis dun centenar de persoas, en só unha mañá, aínda que hai que comentar que a sesión se prolongou máis aló das 15:00 h.
Se a nosa institución está amplamente agradecida pola asistencia para coñecernos, sen excepción, todos os visitantes trasladaron a Ricardo Pérez o seu enorme agradecemento pola visita realizada e, sobre todo, por coñecer un museo de tal categoría, a súa felicidade lograda e satisfacción por acertar en escoller este día (ou calquera outro) para visitar o MELGA en Ponteceso–A Coruña (Galicia), que era moi recomendable para todos os públicos.
Sen dúbida, por parte da dirección do museo e a presidencia da Fundación seguimos estando moi orgullosos de contar con este recinto museístico tan admirado por moitos, orixinal e referente en todo aquilo que se relaciona sobre a historia dos xogos populares, os deportes tradicionais e os xoguetes de Galicia, España e do mundo.


Español





Leave A Comment